"teno" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 173.

  • Incisión da parede rectal para drenar un absceso na pelve, corrixir unha estenose ou extraer un corpo estraño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presente que se lle dá a alguén como mostra de afecto.

    2. Cousa moi barata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido carotenoidal, precursor biolóxico do retinol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol carotenoida, que ten como función principal dentro do corpo a protección da pel e a intervención no proceso de visión da retina. OBS: Tamén se denomina vitamina A.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rexistrar.

    2. Anotación feita ao gardar constancia dunha cousa.

      1. Libro en que se anotan regularmente feitos ou datos de que se quere deixar constancia.

      2. Rexistro onde constan oficialmente os nacementos, matrimonios, defuncións, naturalizacións ou a veciñanza dos cidadáns.

      3. Instrumento técnico da publicidade do tráfico inmobiliario que ten por obxecto a inscrición das actas e os contratos relativos ao dominio e os dereitos reais sobre os inmobles.

      4. Oficina pública onde están inscritos os comerciantes, os barcos e certos documentos que indica a lei.

    3. Oficina onde se rexistran documentos, actas ou contratos para a súa constancia oficial.

    4. Abertura provista de tapa que permite ter acceso ao interior das conducións subterráneas para comprobar o seu estado.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rir.

    2. Contracción dos músculos da cara semellante á risa, característica do tétano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodofíceas.

    2. Alga da clase das rodofíceas.

    3. Clase de algas pluricelulares, da división das rodófitas, que presenta talo filamentoso ou laminar, de estrutura complexa e de cor avermellada, plastos vermellos que conteñen clorofila, carotenos, ficoeritrina e ficocianina, e paredes celulares recubertas de mucilaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetona pentacíclica que se extrae da raíz das plantas do xénero Derris, que se emprega como insecticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Rutenia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Rutenia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ruteno.

      2. Individuo do pobo ruteno.

      3. Pobo ruso residente na banda occidental da liña Dvina-Dniéper, que formaba parte do estado polaco-lituano.

    1. Lingua eslava que se fala en Eslovaquia, Ucraína e Serbia.

    2. Aplícase aos cristiáns de rito bizantino que pertencen á Igrexa rutena unida a Roma.

    3. Igrexa uniata de rito bizantino xurdida en Polonia, Galitsia, Checoslovaquia, Hungría e Bohemia, con comunidades emigradas a Europa occidental, EE UU, Canadá, Brasil e Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa que se ignora, que se oculta ou que non se debe coñecer.

    2. Discreción máxima.

    3. Cousa misteriosa que non foi explicada nin descuberta.

    4. Cousa, sistema ou maneira non coñecida que serve para acadar un determinado efecto.

    5. Obriga e dereito que ten o sacerdote de absterse de revelar o que o penitente lle confesou no sacramento de penitencia.

    6. Segredo inherente aos asuntos políticos e diplomáticos, cuxa revelación compromete a seguridade do estado.

    7. Segredo encamiñado a garantir a administración de xustiza e a defensa dos intereses persoais das partes implicadas nun sumario mentres se fan as dilixencias pertinentes.

    8. Obriga dun profesional de non divulgar aquilo que coñeceu por razón do seu oficio e con relación ao servizo, se non é con consentimento de quen o pode autorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO