"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Relativo ou pertencente ao boro.

    2. Que contén boro.

    3. Ácido ortobórico que se emprega na fabricación de vidros resistentes á calor, esmaltes, en pinturas, como endurecedor do aceiro e na industria dos cosméticos como antiséptico suave e astrinxente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desaparecer ou facer que desapareza algo, principalmente dun soporte impreso.

    2. Facer raias sobre algo que está escrito para impedir que se poida ler.

    3. Facer que desapareza algo da memoria individual ou colectiva.

    4. Desaparecer algunha cousa que está escrita, pintada, impresa ou gravada.

    5. Dar de baixa nun organismo. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bovinos.

    2. Mamífero da subfamilia dos bovinos.

    3. Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado, con fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e barbela. Foron empregados polo ser humano desde antano como animais domésticos.

    4. Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos que se adaptan a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é de cor igual ou aproximada á do leite ou da neve. Tm s m.

      2. Aplícase á cor que resulta da combinación de todas as radiacións correspondentes ao espectro visible da luz solar.

      3. Aplícase á cor que adquiren certos metais en estado candente, xa pasada a fase de cor vermella ao superar unha temperatura de 1.300°C.

    1. Que é de cor clara, por contraste con outras máis escuras do mesmo tipo.

    2. Que mantén unha postura política conservadora ou reaccionaria. Tm s.

      1. Aplícase aos elementos tipográficos máis baixos ca os caracteres de imprenta que teñen como finalidade separar os caracteres.

      2. Marxe situada arredor da páxina dun libro.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das cesalpiniáceas de follas paripinnadas e flores pentámeras agrupadas en acios, orixinaria das Antillas e América tropical.

    2. Madeira dura e avermellada da árbore do mesmo nome que se emprega en ebanistaría e da que se extrae, unha vez seca e pulverizada, unha materia colorante vermella.

    3. Materia colorante vermella extraída da madeira homónima, composta principalmente por brasilina, e que se emprega na tinguidura de peles e tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das dúas extremidades torácicas do ser humano.

      2. Parte comprendida entre o ombreiro e a man.

      3. Parte de cada extremidade torácica do home comprendida entre o cóbado e o ombreiro (en oposición ao antebrazo).

    1. Cada un dos dous apéndices torácicos móbiles, especialmente locomotores, que teñen algúns animais.

      1. Parte dunha cousa que se alonga en forma de brazo, partindo dun tronco, eixe ou núcleo.

      2. Barrotes dalgunhas cadeiras onde a persoa sentada repousa os brazos.

      3. Cada metade do traveseiro da cruz.

      4. Cada unha das partes que, nas galaxias espirais, envolven o núcleo.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia pegañenta de cor vermella escura, bastante densa, que se obtén da destilación do alcatrán. Úsase como aglomerante e como impermeabilizante en pinturas e para calafatear barcos.

    2. Mestura de cola, sebo e aceite que se emprega para calafatear e pintar madeira e enxarcias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de pequenos traballos feitos á man que se fan na casa, xeralmente de carpintaría, ebanistaría ou similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de talos deitados. As follas, pinnadas, presentan de 3 a 6 pares de folíolos e dispóñense de forma oposta ás umbelas que están formadas por pequenas flores brancas de 1 mm de diámetro. O froito é ovoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axioma xurídico obtido por indución ou ben punto de converxencia de opinións en cuestións controvertidas.

    VER O DETALLE DO TERMO