"Nantes" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 139.

  • Cuarto grao da escala diatónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que subordina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sexta nota da escala diatónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode discutir ou dubidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estratexia preconizadas polo sector da CNT favorable aos asinantes do Manifesto de los Treinta (1931), que recollía o ideario dos cenetistas fronte aos partidarios de converter a CNT nun organismo explicitamente anarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que anda dun sitio para outro enganando aos demais para tirarlles proveito.

    2. Persoa desvergonzada que fai pequenas falcatruadas.

    3. Persoa a quen lle gusta ir de festa e pasalo ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade hereditaria elemental formada por un fragmento de ADN que se atopa nos cromosomas e que é portadora da información xenética sobre un determinado carácter.

    2. Xene que, nunha combinación heterocigótica, é o único que se manifesta.

    3. Xene que porta información para unha cadea polipeptídica específica.

    4. Xene que determina a morte prematura do organismo que o porta.

    5. Xene que non se manifesta nunha combinación heterocigótica.

    6. Xene que regula o funcionamento dos xenes estruturais.

    7. Segmento de ADN que se pode transportar a outra molécula de ADN.

    8. Xene que non se manifesta na transcrición xenética.

    9. Conxunto de dous ou máis xenes independentes en que o alelo dominante dun deles se expresa no fenotipo só cando os alelos dous outros xenes son tamén dominantes.

    VER O DETALLE DO TERMO