"NOT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 680.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras para denotar que un composto deriva dunha cetona, que ten unha estrutura pseudocetónica ou que contén na súa molécula un grupo carbonilo cetónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chamar.

    2. Sinal ou signo co que se chama ou avisa de algo.

    3. Sinal que se pon nun libro ou nun escrito para remitir o lector a unha nota ou a un aviso posto ao pé de páxina ou ao final do texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal.

      2. Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.

    1. Funcionario da curia diocesana que se encarga de redactar e conservar as actas.

    2. Funcionario que nunha misión diplomática desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión.

    3. Cargo universitario, o máis alto da xerarquía académica, representante da autoridade papal ou rexia, sen carácter executivo.

    4. Funcionario responsable da administración nunha escribanía ou nunha corporación, que tiña ao seu cargo notarios e escribáns chancelaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento da gaita que produce un son constante unha octava por riba da nota base do punteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cianose.

    2. Que sofre cianose. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cobre e aluminio hidratado que cristaliza no sistema rómbico en cristais capilares azuis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ciclóstomos.

    2. ertebrado do grupo dos ciclóstomos.

    3. Clase de vertebrados, da superclase dos agnatos, que agrupa animais que conservan o notocordio durante toda a vida, desprovistos de mandíbulas e portadores só de aletas impares. Inclúe formas fósiles e os actuais represéntanse por dúas formas parasitas, as lampreas e os mixinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao movemento.

      2. Que está provocado polo movemento.

    1. Relativo ou pertencente á cinética.

    2. Corrente artística que incorpora o movemento real ou aparente á peza escultórica. Os grupos de investigación cinética buscaban acadar o movemento mediante aparatos luminotécnicos, móbiles sen motor, móbiles con forza magnética, obxectos transformables e movementos ocasionados pola percepción óptica.

    3. Teoría que aplica as leis da mecánica clásica ao estudo dos gases, obtendo expresións macroscópicas que permiten determinar a presión, a enerxía interna e as calores específicas dos gases.

    4. Literatura que implica no lector unha acción máis ca unha experiencia estética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘situado antes’.

    2. Forma prefixada que se emprega na formación de palabras, que denota que certos átomos ou grupos dun isómero xeométrico están no mesmo lado dun plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicar a alguén que acuda a unha reunión nun lugar e a unha hora determinada.

    2. Notificar a alguén un emprazamento ou chamamento xudicial.

    3. Referir ou notificar palabras doutra persoa ou dun texto para apoiar ou ilustrar o que se di ou escribe.

    4. Mencionar algo ou alguén nunha conversación, discurso ou escrito.

    5. Pórse de acordo dúas ou máis persoas para atoparse nun determinado sitio e hora.

    VER O DETALLE DO TERMO