"Meri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 431.

    1. Que ten forma de cuña.

      1. Relativo ou pertencente á escritura cuneiforme.

      2. Antiga escritura, que tiña uns signos en forma de cuña, que se empregou primeiramente en Mesopotamia como vehículo do sumerio e do acadio e posteriormente noutros países de Oriente Próximo e de Oriente Medio antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Dakota ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Dakota.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo dakota.

      2. Individuo do pobo dakota.

      3. Pobo amerindio da familia síux, establecido primitivamente ao N de América, nunha área comprendida entre o Lago Superior e a conca do Missouri. A súa poboación concéntrase nas reservas das dúas Dakotas e nun número menor en Nebraska, Montana, Minnesota e Alberta.

    1. Lingua amerindia de América do Norte que se divide  en catro dialectos: o santee, o yankton, o teton e o asiniboide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de declinar.

    2. Período de diminución dunha enfermidade ou dalgún dos seus síntomas.

      1. Ángulo que forma un plano vertical, ou unha aliñación, co meridiano do punto que se considere.

      2. Distancia angular dun astro ao ecuador celeste.

      3. Ángulo que forman as direccións do N magnético e do N xeográfico.

      1. Flexión nominal das linguas flexivas que se emprega para expresar as distintas variacións dun substantivo, adxectivo, artigo ou pronome segundo a función ou caso dentro da frase. A declinación serve para marcar o caso, que indica a función sintáctica do nome na frase, o xénero (masculino, feminino ou neutro) e o número (singular, plural ou dual).

      2. Paradigma ao que pertence unha palabra segundo o xeito como se declina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compás que se une ao círculo dun goniómetro topográfico para orientalo, de xeito que o aparato marque o cero correspondente ao meridiano magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexeitar ou non aceptar algo, xeralmente de xeito cortés.

    2. Analizar as diversas formas que o artigo, o substantivo, o adxectivo e o pronome poden presentar de acordo cos paradigmas da declinación á que pertencen.

      1. Diminuír unha cousa ou unha calidade en forza, intensidade ou valor.

      2. Ir algo cara á súa fin ou extinción.

      1. Separarse ou desviarse dunha dirección determinada.

      2. Estar un astro a unha certa distancia angular do ecuador celeste.

      3. Formar, unha agulla imantada ou un plano vertical, un certo ángulo co meridiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir a declinación magnética dun lugar, que se basea na medición directa do ángulo que forma o eixe dunha agulla imantada co meridiano do lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquilo que fai que algo ou alguén mereza censura ou desaprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ao demérito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa celular externa dun meristema primordial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o ouro que recobre un obxecto.

    2. Deslucir ou macelar un acto meritorio ou a boa reputación de alguén.

    3. Perder un obxecto o ouro que o recobre.

    VER O DETALLE DO TERMO