"Cis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 857.

    1. Realizar algo con rapidez.

    2. Moverse axitadamente e con rapidez dun lado para outro.

    3. Ferver a auga ou outro líquido.

    4. Axitarse unha cousa pola acción ou polo impulso doutra.

    5. Axitarse ideas na imaxinación ou no pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de capitalistas non agrarios posuidores dos medios de produción. Diferéncianse do proletariado en que os membros deste grupo social non precisan vender a forza de traballo para vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cicel, delgado, en forma de bisel por un extremo e provisto dun mango polo outro que, ao ser percutido, permite que coa punta se fagan incisións máis ou menos profundas sobre unha superficie de metal, pedra ou madeira.

    2. Útil fabricado mediante a técnica do golpe de buril, que produce unha aresta cortante, característico do Paleolítico Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero, da familia dos équidos, herbívoro e gregario, de tamaño grande e extremidades longas, que só presenta un dedo desenvolvido, que está recuberto por un pezuño ou casco.

      2. Cabalo empregado para a carga ou o transporte.

      3. Cabalo que vive en estado salvaxe.

      4. Raza de cabalos autóctonos de Galicia que presenta individuos de corta alzada, de cor castaña, e a crina e a cola xeralmente negras.

      5. Cabalo que é de máis cores ca unha.

      1. Figura que representa un cabalo.

      2. Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que teñen a figura da cabeza dun cabalo. Segue un movemento en forma de L e pode saltar por riba doutras pezas.

      3. Carta da baralla que pertence a cada un dos catro paus que ten pintado un home a cabalo e que está marcada co número once.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe, da familia dos ciprínidos, de agua doce de cor castaña verdosa no dorso, máis clara nos laterais e na rexión ventral, e con escamas grandes e negras na marxe. Aliméntase principalmente de invertebrados de auga doce, e está presente en augas de pouca corrente de toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dentes, catro en total, situados entre o último incisivo e o primeiro molar que na maior parte dos mamíferos rematan en punta. Tm adx m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabo de gran grosor usado en certos aparellos.

    2. Incisión feita nunha froita ou noutro alimento co fin de probalo.

    3. Espazo interior dunha embarcación, situado baixo a cuberta de proa ou de popa, xeralmente destinada aos camarotes.

    4. Instrumento que se emprega para examinar a profundidade das feridas ou para explorar as cavidades ou condutos naturais.

    5. Profundidade dun río, mar ou calquera masa de auga.

    6. ara que se introduce no cárter dun motor para medir o nivel de aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento empregado para verificar de maneira rápida, sinxela e precisa se as dimensións dunha peza están dentro do tolerado.

    2. Peza de vidro que se utiliza para verificar a perfección das superficies ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación dolorosa, seguida de penas e aflicións.

    2. Cruceiro ou capela dedicados á Crucifixión e situados sobre un outeiro ou sobre unha elevación artificial do terreo, a miúdo preto dunha poboación, onde os cristiáns van facer o viacrucis ou lembrar a Paixón, especialmente en tempo de Coresma ou nos días de Semana Santa.

    3. Representación da Crucifixión realizada con técnica pesebrista durante a Semana Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que ocultamente, inflúen sobre as decisións do monarca ou da autoridade superior do estado.

    2. Conxunto de persoas que inflúen nas decisións e negocios dalgunha autoridade superior ou dalgún persoeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO