"Aspect" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 472.

  • irus que ten como material xenético moléculas de ARN dunha soa cadea e no que os virións presentan unha envoltura externa lipídica e unha serie de expansións polipeptídicas que lles dan un aspecto coroado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte, máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Aliméntase de pequenos animais ou de sementes e froitos, emite voces graves e forma parella de por vida.

      2. Corvo de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Existen tres subespecies que se diferencian principalmente pola cor do ventre.

      3. Corvo de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña.

      1. Ave acuática, da familia dos falacrocóridos, que presenta plumaxe negra brillante, pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. Viven en augas continentais ou no litoral mariño.

      2. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta unha pequena curupela.

      3. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta o queixo e as meixelas de cor branca.

      4. Ave acuática, da familia dos falacrocorácidos, que presenta cabeza redonda e o peteiro non moi longo e escuro, pescozo máis curto ca outros corvos mariños e cola longa.

    1. cornizó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia, da familia das mirtáceas, que presenta aspecto piramidal, follas lanceoladas e lustrosas con glándulas aromáticas, e flores abundantes, pequenas e olorosas, que se recollen antes de que abran e se deixan secar de xeito que adoptan o aspecto de cravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que crece ou aumenta por graos.

    2. Aplícase ao espazo de tempo que transcorre entre a lúa nova a lúa chea. Tm s m.

    3. Aspecto que presenta a Lúa cando só se ve iluminada a cuarta parte do disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á textura dalgunhas rochas metamórficas que teñen un aspecto semellante ás sedimentarias pola disposición dos materiais e que participan do carácter cristalino das eruptivas.

    2. Aplícase aos terreos formados por rochas cristalofílicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Loxia, pertencente á familia dos frinxílidos, de aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, ás e cola de cor negra e o resto da plumaxe de cor vermella nos machos ou verde acastañada nas femias.

    2. Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a cabeza e o pescozo moi grosos, e o peteiro arredondado, cos bordos de cor branca.

    3. Ave, da familia dos frinxílidos, propia de bosques de piñeiros, abetos e alerces da franxa boreal de Norteamérica, Europa e Asia.

    4. Ave, da familia dos frinxílidos, sedentaria dos bosques de piñeiro rubio do N de Escocia.

    5. Ave, da familia dos frinxílidos, cunha dobre franxa nas ás de cor branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Camiño que segue unha corrente de auga desde o seu nacemento ata a súa desembocadura.

      2. Percorrido que fai un astro.

    1. Serie de estados ou etapas polas que pasa algo.

    2. Paso ou sucesión dun período determinado de tempo.

      1. Circulación de algo que pasa dunhas persoas a outras.

      2. Circulación e funcionamento da moeda e dos efectos do comercio.

      3. Obriga imposta polo goberno de aceptar como liberación de pagos moedas sen valor intrínseco apreciable, títulos do estado ou billetes de banco.

      4. Calidade dunha moeda e valor que lle asigna o estado que obriga xuridicamente a un acredor a aceptala como pagagamento do que se lle debe.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non gasta nada e aforra todo. Tm s.

    2. Que ten mal aspecto e pouca calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dante Alighieri ou á súa obra.

    2. Que lembra, pola súa grandiosidade e aspecto terrorífico, as descricións de Dante Alighieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Respecto ou reverencia que se lle debe a unha persoa ou colectividade.

      2. Xeito de comportarse ou aspecto digno que amosa alguén acorde coa súa condición social, as súas responsabilidades ou a súa moral.

    1. Respecto ou aceptación dos códigos ideolóxicos, morais e artísticos dunha época ou dun público concretos na creación dunha obra literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO