"2" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 1532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado do nitrobenceno que contén o cromóforo azo. Emprégase para a obtención da bencidina e tamén como fumigante e acaricida.
-
-
Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.
-
Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.
-
Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.
-
Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.
-
Símbolo do bel.
-
Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.
-
Símbolo do boro.
-
Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.
-
Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso moderno que procede da seita xiíta do Islam, fundado en Persia en 1844 por Mīrzā ‘Alī Muḥammad de Siraz, que defende a teoría da revelación progresiva e predica que ningunha verdade é definitiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso do Islam, iniciado por Mīrzā Alī Muḥammad (babismo) e reformado por Mīrzā Alī Ḥusayn Nūrī, chamado Baha’ Allah, que cre que a revelación divina é un proceso continuo e progresivoe eleva á categoría de culto toda obra feita con espírito de servizo.
-
-
Relativo ou pertencente aos bahmanitas.
-
Membro da dinastía bahmanita.
-
Dinastía musulmá fundada por ‘Alā’ al-Dīn Hasan Bahman Sāh que gobernou o sultanato do Decán entre 1347 e 1526.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos bahritas.
-
Membro dos bahritas.
-
Rama primaria de sultáns mamelucos (1250-1390), da que xurdiu a familia dos burxitas (1382 -1517).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria tailandesa. Subdivídese en 100 satang. O cambio en relación ao dólar é de 25 baht (1992).
-
-
Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.
-
Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.
-
Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.
-
Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.
-
Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.
-
-
-
Plataforma feita de táboas e pólas atadas con cordas que se utiliza para transportar mercancías ou persoas, xeralmente nos ríos e lagos.
-
Árbore, da familia das bombacáceas, duns 20 m de altura, de follas palmeadas e flores brancas e pilosas, que vive nas selvas chuviosas de América.
-
Madeira da árbore do mesmo nome, branca, moi lixeira e notablemente resistente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froita comestible en baga oblonga e arqueada do bananeiro. É de pel grosa, de polpa fariñenta e nas formas cultivadas non ten semente. A banana ten un valor alimentario moi elevado, e é moi rica en azucre (19-25%), pero pobre en sodio.