"tera" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1413.

    1. Movemento brusco e forte que se produce de súpeto.

    2. Alteración do ánimo dunha persoa provocada por algún suceso chocante.

    3. Acurtamento intenso e brusco dun músculo debido a unha excitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Narración lendaria de carácter épico da antiga literatura escandinava.

    2. Narración da historia dunha familia ou unha liñaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos salmónidos.

    2. Peixe da familia dos salmónidos.

    3. Familia de peixes da orde dos salmoniformes, de corpo fusiforme cunha liña lateral visible e aleta adiposa detrás da dorsal, sen barbas e con escamas, que habita en augas doces ou mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de saltar.

      2. Proba atlética que consiste en acadar unha marca en altura ou en lonxitude.

    1. Distancia que se percorre ao dar un salto.

    2. Paso dunha cousa a outra ou un estado a outro sen transición.

    3. Descontinuidade ou oco nunha serie de cousas ou nas partes que forman un todo.

    4. Alteración na execución secuencial das instrucións ou sentenzas dun programa.

    5. Desnivel brusco, natural ou artificial, dun curso de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está en bo estado de saúde.

    2. Que é bo para a saúde.

    3. Que denota saúde.

    4. Que non presenta alteracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe óseo gregario e peláxico, da familia dos clupeidos, que presenta o corpo de pequeno tamaño, alongado, deprimido lateralmente, de cor azulada no lombo e prateada no ventre, o opérculo con estrías radiais regulares e as escamas de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade contaxiosa da pel, provocada polos ácaros Sarcoptes scabiei e S. hominis, común aos humanos e a diferentes animais, que se caracteriza pola presenza de pequenas vesículas e bostelas que causan un forte proído.

    2. Enfermidade das plantas que se caracteriza por provocar alteracións da casca de certos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario portugués xurdido ao redor da sociedade Renascença Portuguesa, que representou a exaltación da saudade como o trazo definidor da alma portuguesa e un rexurdimento do espírito nacionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario e artístico italiano vixente no s XIX, en Milán e Turín, que se baseaba nun realismo que incorporaba a linguaxe cotiá e ironizaba sobre a hipocrisía da burguesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide un todo.

    2. Acción e efecto de seccionar algo.

    3. Intersección dun plano cunha superficie.

    4. Corte practicado nun corpo, nun terreo ou nun obxecto que permite o estudo da estrutura interna.

    5. Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dun corpo calquera como se estivese cortado segundo un plano determinado.

    6. Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.

    7. Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.

    VER O DETALLE DO TERMO