"Ade" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 17810.

  • Forma de goberno en que o poder é exercido real ou nominalmente por unha soa persoa, e que se caracteriza pola falta de carácter representativo da colectividade. Pode ser absoluta cando o poder supremo se concentra só na persoa do monarca, e limitada ou constitucional cando, á parte do monarca, existen outras institucións soberanas en réxime de paridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diversas herexías cristiás (ss II-III) que sostiñan a unidade de Deus, en detrimento das tres persoas da Trindade. Está dividido en dous subgrupos: o modalismo e o adopcionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de monárquico.

    2. Doutrina ou tendencia que propugna a monarquía como forma de goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a monda ou a pel a un froito.

    2. Arrincar as herbas que son prexudiciais para os cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer monadas.

    2. Caer a cabeza polo sono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade significativa mínima da primeira articulación da linguaxe, en oposición á unidade distintiva ou fonema, na terminoloxía de André Martinet. Os monemas que pertencen ao campo do léxico ou vocabulario son lexemas e os que forman parte da estrutura gramatical son morfemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á moeda.

      2. Activos máis líquidos posuídos polo público (cartos en efectivo e depósitos á vista en poder das unidades económicas) que se corresponden cos pasivos máis esixibles do sistema financeiro.

      3. Parte da política económica que establece as normas que regulan a cantidade de diñeiro ou liquidez da economía coa finalidade de conseguir algún obxectivo determinado.

      4. Conxunto de normas legais e de institucións en que se reflicte todo o relacionado co diñeiro nas economías modernas.

      5. Parte da teoría económica que estuda os problemas referentes ao valor da moeda e aos efectos da cantidade de diñeiro no sistema económico.

      6. Unidade estándar da moeda ou medio oficial de cambio de cada estado.

    1. Colección ordenada de moedas e medallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións económicas, técnicas e xurídicas que levan á formación da moeda, a través da que os cartos acadan a legalidade que permite o seu uso e posibilita o control das transaccións monetarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en moeda de curso legal metais, billetes ou outros signos pecuniarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amonestación ou advertencia.

      1. Notificación pública de casamento realizada na igrexa.

      2. Advertencia feita por unha autoridade eclesiástica antes de infrinxir unha censura.

    2. Breve explicación, no curso da celebración litúrxica, para axudar aos fieis a comprender mellor os textos ou os ritos.

    VER O DETALLE DO TERMO