"Long" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1444.

    1. Peixe, da familia dos escómbridos, que se caracteriza por presentar corpo fusiforme, coroado por dúas aletas dorsais, e que engloba 48 especies de distribución mundial. Trátase de especies peláxicas de costumes migratorias, xeralmente gregarias.

    2. Atún pequeno, da familia dos escómbridos, que presenta unha longa aleta pectoral. OBS: Tamén se denomina bonito.

    3. Atún de gran tamaño, da familia dos escómbridos, propio das augas quentes e mornas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.

    4. Atún, da familia dos escómbridos, que se caracteriza polas pínnulas amarelas que presenta cerca da cola.

    5. Atún, da familia dos escómbridos, que habita no Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.

    2. Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.

    3. Cada unha das vertentes do tellado.

    4. O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.

      1. Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.

      2. Auga que contén gases na disolución.

      3. Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.

      4. Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde acostuman ir beber algúns animais salvaxes.

    2. Lugar onde se deposita a auga.

    3. Peza de roupa exterior que impide o paso da auga.

    4. Elemento que se emprega para regar.

    5. Utensilio portátil formado por unha cunca de madeira suxeita a un pau  longo e que se emprega para regar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca longa e estreita limitada por fallas normais que se estenden pola codia continental. Conservan o rexistro estratigráfico dun proceso de rift na creación de océanos que actualmente desapareceron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á corte ou ao palacio.

    2. Modalidade literaria desenvolvida ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII que se caracteriza pola adulación a algún poderoso ou mecenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aumentar.

      1. Número dado pola relación entre a medida da imaxe e a do obxecto nos instrumentos ópticos que dan imaxe real.

      2. Relación entre o ángulo baixo o que se ve un obxecto a través dun instrumento e o ángulo baixo o que é visto, se se observa sen el.

      3. Nos instrumentos compostos de obxectivo e de ocular, a relación entre o diámetro da imaxe virtual obtida polo ocular e o diámetro do obxecto.

    2. Procedemento de imitación que consiste en alongar proporcionalmente a duración das notas do tema modelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autobús concibido para o transporte por estrada dun número relativamente reducido de persoas a distancias longas ou medias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos movementos automáticos por efecto dunha longa aprendizaxe.

    2. Interpretación errónea dun fenómeno por causa de modificacións subxectivas como a percepción ou a actitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia química natural ou sintética caracterizada pola súa actividade como fitohormona, que en concentracións moi febles provoca na planta diversas reaccións, entre as que destaca o alongamento das células pouco diferenciadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do crecemento dun individuo ao longo da súa vida co obxectivo de coñecer as características do crecemento da poboación á que pertencen.

    VER O DETALLE DO TERMO