"fisio" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 157.

  • Técnica da iluminación, con luz artificial, de espazos abertos e pechados e con fins funcionais ou artísticos. Fundaméntase na fotometría e tamén na estética e nos principios fisiolóxicos e hixiénicos da visión. A luz artificial pode ser producida termicamente ou sen produción de calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha estrutura sólida e compacta, sen ocos ou baleiros.

    2. Que ten unha fisionomía forte.

    3. Conxunto de montañas que forman unha unidade.

    4. Parcela de terreo nos xardíns que se dedica ás flores ou plantas decorativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. malo.

    2. Aquilo que prexudica dalgunha maneira a algo ou a alguén e o seu efecto.

    3. Dano que recibe moral ou materialmente alguén.

    4. Alteración, máis ou menos grave, da saúde dun ser vivo.

    5. Aquilo que é contrario ao ben.

      1. Alteración das condicións fisiolóxicas normais, acompañada de sufrimento físico.

      2. epilepsia.

      3. Estado morboso que provoca a diminución da presión atmosférica que se manifesta en forma de vertixe, cefalea ou somnolencia.

      4. lepra.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda as mamas, a súa fisioloxía e patoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno fisiolóxico que se presenta nas mulleres sas desde a puberdade ata a menopausa, que consiste nun fluxo hemático procedente da cavidade uterina, que se reproduce periodicamente cada 28 días como norma cando non ten lugar a fecundación.

    2. Menstruo que sae por un sitio diferente á vaxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambio dun ser cando perde a súa forma natural e colle outra.

    2. Aquilo en que se converte unha cousa como consecuencia desa transformación.

    3. Conxunto de cambios morfolóxicos e fisiolóxicos que experimentan determinados animais entre o estado larval e o estado adulto.

    4. Transformación física ou moral de alguén ou algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de modificar ou modificarse.

    2. Transformación dun organismo, por influencia do medio, nos caracteres anatómicos e fisiolóxicos, que é adquirida durante a súa vida e que non é transmisible por herdanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade motriz do organismo que orixina a contracción muscular e que se considera desde un punto de vista anatómico e fisiolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perder o brillo e frescura os cereais, as plantas bulbosas ou as hortalizas.

    2. Facer perder a alguén o bo aspecto físico debilitando as súas forzas e o ánimo.

    3. Perder unha persoa o bo aspecto físico, a enerxía ou o ánimo.

    4. Perder a turxencia unha planta ou os seus tecidos por falta de auga ou por causas fisiolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído suave, confuso, de auga corrente, de follas movidas polo vento ou dun conxunto de persoas que conversan ou que recitan oracións.

      1. Ruído grave e suave que se oe nalgúns lugares do corpo por auscultación.

      2. Ruído fisiolóxico que se oe ao auscultar o aparato respiratorio dun individuo que respira normalmente e non ten ningunha lesión torácica.

    VER O DETALLE DO TERMO