"AIX" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1647.

  • Asemblea do pobo en Esparta, composta por todos os cidadáns de máis de 30 anos, que se xuntaba unha vez ao mes baixo a dirección dos éforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto que se situa ao lado ou debaixo doutro para que este manteña o equilibrio.

    2. Punto determinado onde un obxecto se afinca sobre unha superficie firme.

    3. Auxilio que se presta a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis pequena unha cousa.

    2. Reducir en cantidade.

    3. Rebaixarse, sentirse inferior. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empurrar o becerro coa cabeza o ubre da vaca para que lle abaixe o leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que se adoita colocar enriba do pentagrama e que avisa da conveniencia de realizar unha interpretación apaixonada dun fragmento dunha obra musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que aprende algún oficio.

    2. Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.

    3. Mozo que traballaba baixo a tutela dun mestre para aprender un oficio.

    4. Primeiro dos tres graos básicos da francmasonaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tomar nota escrita dalgunha cousa.

    2. Sinalar co dedo ou con algún obxecto algo ou a alguén.

    3. Inscribir a alguén nunha lista.

    4. Ditar polo baixo a alguén algo que ten que dicir.

    5. Facer puntaría cunha arma ou cun proxectil.

    6. Inscribirse nunha lista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Aquitaniano.

    2. Primeiro piso do Mioceno inferior mariño, situado enriba do Oligoceno e debaixo do Burdigaliano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO