"van" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1102.

    1. Relativo ás substancias que levan na súa composición o elemento prata.

    2. Relativo aos compostos nos que, por oposición a arxentoso, a prata é bivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto da familia das lamiáceas, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazado e con flores en espigas rematadas nunhas brácteas púrpuras. Ten virtudes medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas dos roupeiros e para elaborar a auga de lavanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira que levan as selas de montar a cabalo, tanto atrás como adiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asaltar.

    2. Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.

    3. Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.

    4. Acometida que, en esgrima, se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asasinar.

    2. Homicidio cualificado pola concorrencia de determinadas circunstancias agravantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que os exploradores e caravaneiros de África oriental lles daban aos homes armados que os protexían.

    2. Soldado do corpo de infantaría que creou, no s XVIII, o sultán de Marrocos Sidī Muḥamad e que deu orixe á súa garda persoal.

    3. Soldado indíxena, que nos ss XIX e XX foi recrutado polas tropas coloniais de diversas potencias europeas en países de tradición islámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asentar ou asentarse.

    2. Sentido común.

    3. Anotación que se fai no libro de rexistro.

    4. Anotación que se fai nun libro contable referente a unha operación mercantil determinada para poder seguir as flutuacións da situación inicial.

    5. Parte dunha cousa sobre a que se asenta outra.

      1. Lugar onde se establece unha persoa para vivir.

      2. Feito polo que os colonos se establecen naquelas terras que lle foron asignadas.

    6. Lugar ofensivo ou defensivo que ocupa cada unha das armas pesadas dunha unidade ou conxunto.

    7. Movemento de descenso que fan as terras e os cimentos, piares ou paredes dunha construción a medida que van recibindo o peso das construcións que soportan.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia á creación de agrupacions de persoas que comparten certos obxectivos.

    2. Teoría psicolóxica e filosófica segundo a que as sensacións constitúen os elementos orixinarios da consciencia, das que derivan todas as outras actividades psicolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aspira.

    2. Persoa que aspira a un cargo, un título ou unha dignidade. Tm s.

    3. Aplícase ao deportista ou equipo deportivo que compite co campión da súa especialidade para gañar devandito título. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de astuto.

    2. Acto de astucia.

    3. Modo enxeñoso de conseguir algo.

    4. Habilidade para conseguir algo empregando trucos.

    5. Circunstancia agravante da responsabilidade criminal que consiste no uso dunha estratexia que facilita a comisión do delito.

    VER O DETALLE DO TERMO