"ASEA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 378.

    1. Acción de comer.

    2. Calquera cousa susceptible de ser consumida para alimentarse, particularmente cando está preparada con esta intención.

    3. Calquera dos momentos do día reservados para comer e, especialmente, a comida do mediodía ou xantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e que se emprega esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur.

      2. Tipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético.

      3. Goniómetro especial que permite a visión do círculo graduado.

    1. Instrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias.

      1. Cada un dos períodos de tempos iguais nos que se marca o ritmo dunha frase musical.

      2. Ritmo ou cadencia dunha obra musical.

      3. Movemento da man co que se marca cada un dos períodos musicais.

    2. Instrumento de medida utilizado en diversas exploracións médicas, especialmente nos diámetros pelvianos e craniais.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que se posúe entre varios.

    2. Reunión dos que viven en común.

      1. Grupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.

      2. Membros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

      3. Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.

      4. Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.

      5. Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.

      6. Propiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.

      7. Forma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

    2. Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

    3. Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de conciso.

    2. Modelo retórico baseado na sinxeleza expresiva, no que o orador debe articular un discurso claro, breve e preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten existencia real e se percibe polos sentidos.

      2. Que designa un suxeito real e non unha calidade ou relación nela mesma.

    1. Que se coñece ou expresa de forma exacta, sen vacilacións de ningún tipo.

    2. Que se forma pola unión de partículas nunha masa máis ou menos sólida (por oposición a fluído).

    3. Arte abstracta, segundo Theo van Doesburg no manifesto Art Concret (1930), que xurdiu como reacción á fundación domovemento artístico Cercle et Carré, malia estar vinculada a eles nun comezo.

    4. Música que se basea no emprego de sons e ruídos que poden reproducirse de diversas formas e que configuran unha peza musical. Principiouna Pierre Schaeffer no estudo da radio francesa en 1948.

    5. Poesía que renuncia á sintaxe usual e iguala os valores semántico e gráfico da imaxe e inclúe, ademais, unha variedade de experimentos poéticos de tipo visual, fonético e cinético. OBS: Tamén se denomina poesía experimental, visual ou fonética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á condutimetría.

    2. Procedemento analítico que se emprega para determinar o punto final das volumetrías, baseado na medida da variación da condutividade electrolítica da solución problema debida á adición de reactivo valorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de confrontar.

    2. Investigación da compatibilidade entre elementos orgánicos, procedentes de individuos diferentes, mediante técnicas baseadas no feito de poñelos en contacto.

    3. Proba pericial que consiste en recoñecer ou negar a autenticidade dun documento privado presentado en xuízo ou as sinaturas que nel figuran.

    4. Exame simultáneo en instancias xudiciais de dúas testemuñas para descubrir a posible contradición entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de pensamento que se basea nas ensinanzas de Confucio e dos seus discípulos e que pretendía establecer unha orde universal que combinase os novos valores cos antigos principios e tradicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cónsul ou ao consulado.

      1. Sistema oficial de datación dos documentos, cartas ou inscricións, empregado polos romanos e baseado no principio de que os cónsules lle daban o seu nome ao ano.

      2. Lista dos cónsules romanos onde constaban os seus nomes por orde cronolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO