"sauri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 31.

    1. Relativo ou pertencente aos hadrosáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos hadrosáuridos.

    3. Familia de dinosauros ornitópodos da superfamilia dos hadrosauros que presentan o cranio plano, e algúns tiñan bultos óseos no fociño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos halosáuridos.

    2. Peixe teleósteo da familia dos halosáuridos.

    3. Familia de teleósteos haplones, abisais e fisoclistos que presentan aletas ventrais nunha posición abdominal. Engloba os xéneros Holosaurus, Holosauropsis e Aldrovandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á antiga rexión de Isauria.

      2. Natural ou habitante da antiga rexión de Isauria.

      1. Relativo ou pertencente á dinastía Isauria.

      2. Membro da dinastía Isauria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil saurio femia da familia dos lacértidos.

      1. Lagarto, da familia dos lacértidos, pequeno e moi común, de forma alongada e provisto de catro extremidades completas. O corpo está cuberto de escamas, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, con membrana timpánica visible.

      2. Lagarta de corpo ancho e extremidades ben desenvolvidas. A cor é un produto das manchas negras da columna coa banda marrón do dorso. Os lados están conformados por unha intrincada rede negra.

      3. Lagarta de corpo pequeno e alongado, con membros curtos. É de cor parda con líñas laterais amarelas.

      4. Lagarta de corpo moi deprimido. Viven en zonas pedregosas con toxos.

      5. Lagarta de corpo robusto de cor negra no lombo e liñas laterais ben delimitadas. Comen unha gran gama de invertebrados, desde arañas ata coleópteros.

    2. Muller desvergonzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome que reciben alguns réptiles da suborde dos saurios, e, en xeral, os da familia dos lacértidos. Adoitan ser de maior tamaño ca as lagartas (tamén da familia dos lacértidos) e de cor verde.

      2. Lagarto, da familia dos lacértidos, que presentan unha cabeza grosa, cola longa e a súa cor é verde con manchas azuis. Teñen unha dieta variada, adecuada ás condicións do momento, aínda que os invertebrados adoitan ser a súa base.

      3. Lagarto, da familia dos lacértidos, de tamaño medio e cunha mancha azul na gorxa. O dorso é verde.

    1. solombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lepidosauros.

    2. Réptil da superorde dos lepidosauros.

    3. Superorde de réptiles, da subclase dos diápsidos, que inclúe as ordes dos ofidios e os saurios e que comprende os individuos que teñen a pel recuberta de escamas e a segunda fosa temporal pouco definida. Apareceron a finais do Permiano e no comezo do Triásico, e estendéronse por todo o mundo coincidindo coa desaparición dos dinosauros. Actualmente constitúen o grupo máis representativo e maioritario dos réptiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos megalosáuridos.

    2. Réptil fósil da familia dos megalosáuridos.

    3. Familia de réptiles fósiles, do grupo dos dinosauros, de grandes dimensións, carnívoros, coa cabeza notablemente pequena e con cinco dedos en cada extremidade. Viviron durante o Xurásico e o Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saurio xigantesco extinto, da familia dos megalosáuridos.

    VER O DETALLE DO TERMO