"nente" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 258.

      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro en branco empregado para reunir nel poesías, máximas, pezas de música, coleccións de debuxos, fotografías ou selos.

    2. Táboa pintada de branco ou recuberta de xeso onde se transcribían, antigamente, os edictos dos pretores, listas de xuíces e outros anuncios de carácter político e administrativo.

    3. Libro dotado de follas fixas ou móbiles destinado á montaxe dos selos dunha colección con carácter permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aviso ou sinal que prevé dun perigo inminente.

    2. Estado de vixilancia.

    3. Emprégase para avisar a alguén dun perigo ou espertar a súa atención.

    4. En actitude de vixiar con cautela e coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oficial dos exércitos de Terra e Aire de España co grao máis baixo da súa escala dentro da carreira militar.

      2. Grao do corpo xeral da Armada Española inmediatamente superior ao gardamariña e ao de alférez de fragata e inferior aos de tenente de navío e alférez de navío.

      1. Cabaleiro que polo seu valor e pericia ecuestre, portaba o estandarte durante a loita. Pasou a denominarse subtenente.

      2. Oficio outorgado polo rei para portar o pendón, as armas reais e municipais e amosalas diante do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de aliaxes férricas con cantidades variables de aluminio, de níquel e de cobalto. Son usados na fabricación de imáns permanentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alongar ou alongarse.

    2. Afastamento ou distancia que se produce con respecto a unha determinada referencia.

    3. Cociente entre o cadrado da envergadura e a superficie da á dunha aeronave.

    4. Aumento da duración dunha realización fonemática producida por algunhas causas regulares e normalmente relacionadas co ton, intensidade e énfase emotiva.

      1. Propiedade que teñen determinados materiais de alongarse cando están sometidos a cargas ou esforzos de tracción.

      2. alor de alongamento no instante de producirse a rotura.

      3. Alongamento producido na zona de deformación elástica, onde se cumpre a proporcionalidade entre cargas e deformacións e onde desaparece o alongamento cando cesa a tracción.

      4. Alongamento medido unha vez superado o límite elástico, a partir do que se produce unha deformación permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anopluros.

    2. Insecto da orde dos anopluros.

    3. Orde de insectos da subclase dos pterigotos, coñecidos co nome de piollos. Son hematófagos e ectoparasitos permanentes de mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Antártida.

    2. Paralelo situado 23° 28’ do Polo Sur.

    3. Reino fitoxeográfico que comprende as illas oceánicas austrais, o extremo meridional de América, a alta montaña andina e o continente antártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra deseñada para derribar tramos de muralla dunha fortificación, composta por unha trabe reforzada no seu extremo por unha peza de bronce ou de ferro en forma de cabeza de carneiro.

    2. Antigo tipo de barco de guerra blindado, de proa sen lanzamento e de roda prominente e reforzada, que arremetía contra as embarcacións inimigas para afundilas.

    3. Aparato de elevación de auga ou doutros líquidos, que permite facer subir un determinado caudal a unha determinada altura.

    VER O DETALLE DO TERMO