"metali" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 29.

  • Aplícase ao composto constituído por dous elementos metálicos ou máis, nunhas proporcións que poden variar entre dúas composicións límite, e que se comporta nalgunhas aliaxes, como un metal puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de expresar o pensamento por medio da palabra.

    2. ocabulario e fraseoloxía propia dunha arte, dunha rama da ciencia ou doutro sistema.

      1. Conxunto de símbolos e de normas de uso que permite presentar os programas nun ordenador.

      2. Linguaxe que ten características conversacionais ou que se usa en sistemas conversacionais.

      3. Linguaxe de programación que depende totalmente da máquina que se utiliza. É unha linguaxe na que as instrucións, chamadas instrucións de máquina, especifican só as operacións elementais que pode executar directamente o ordenador.

      4. Linguaxe artificial creada especificamente para expresar programas.

      5. Linguaxe que resulta ou que é descrita por unha metalinguaxe.

      6. Linguaxe en que son formulables as sentenzas que son o resultado dun proceso de tradución.

    3. Conxunto de símbolos e de normas de uso que permite presentar os programas nun ordenador.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é de metal ou pertence a el.

      2. Que ten as características propias dun metal.

    1. Rede metálica sobre a que se apoia o colchón.

    2. Diñeiro en moeda.

    3. Enlace en que os electróns están totalmente deslocalizados, é dicir, non hai ningunha dirección preferente, polo que é un enlace non direccional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén metal ou minerais metálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linguaxe empregada para a descrición doutra linguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Código empregado para a descrición do mesmo código lingüístico.

    2. Estudo das relacións entre a lingua e a realidade extralingüística (cultura, pensamento ou sociedade), segundo os lingüistas da escola antropolóxica estadounidense.

    3. Función da linguaxe, enunciada por Jakobson, que utiliza o código lingüístico para falar da propia lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metalinguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría económica que explica a aceptación do diñeiro en función do valor do metal co que están feitas as moedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao metalismo.

    2. Que traballa nunha metalistaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obradoiro dedicado á transformación de produtos metálicos semielaborados.

    VER O DETALLE DO TERMO