"electriz" (En toda a entrada)

Amosando 2 resultados de 12.

    1. Sistema físico que está formado por un corpo material que oscila arredor dun eixe horizontal que non pasa polo seu centro de gravidade, e que se utiliza como órgano regulador dos reloxos fixos.

    2. Dispositivo que permite determinar a velocidade dun proxectil disparado contra el, a partir da desviación que sofre a causa do impacto.

    3. Sistema que está constituído por un sólido suspendido dun fío moi delgado, que oscila arredor do eixe formado polo fío e a causa da súa torsión.

    4. Electroscopio que está constituído por unha pequena bóla de cortiza ou de sabugueiro, suspendida cun fío de seda, cuxa bóla, se se electriza, ao achegarlle un corpo electrizado será atraída ou repelida por este e poderá detectarse o signo da carga do corpo.

    5. Reloxo maxistral que serve para sinalar o tempo dos astros nos observatorios astronómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que expresa a influencia dun medio isótropo sobre as forzas de atracción ou de repulsión entre corpos electrizados.

    VER O DETALLE DO TERMO