"denti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 200.

    1. Persoa que fai anagramas.

    2. Persoa que esconde a súa auténtica identidade baixo un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

    5. Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

    8. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anaptomórfidos.

    2. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    3. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes e con dentición en parte de tipo insectívoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tese proposta por Antonie van Leeuwenhoek (s XVII) que, baseada nas teorías do preformacionismo, identificaba o espermatozoide co xerme e reducía o papel do óvulo a unha simple función de acollemento e alimentación deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O que se identifica como novo.

    2. Pequeno vulto que se forma en plantas ou árbores e que orixina novas pólas, follas ou flores.

    3. Póla nova que se desenvolveu a partir do toro dunha árbore e que serve para volver plantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Luminosidade ou fosforescencia que presentan as augas mariñas orixinadas polos movementos dos peixes ou outros organismos que viven nelas.

    2. Calor ou sensación de calor intensa.

    3. Malestar provocado pola acidez ou o ardor de estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudos e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos. O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio natural no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que utiliza técnicas de análise e identificación dos restos óseos recuperados nos depósitos arqueolóxicos. OBS: Tamén se denomina zooarqueoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Zona de unión entre dúas partes ríxidas do esqueleto dun animal que lle dá mobilidade. As articulacións óseas están constituídas principalmente por superficies articulares, partes dos ósos que están en contacto; cartilaxes articulares, que recobren as superficies articulares; ligamentos articulares, cápsula articular ou sinovial, que segrega a sinovia que a lubrifica.

      2. Articulación do calcaño e do astrágalo humano co tarso.

      3. Articulación alantoodontoidal humana.

      4. Articulación tarsometatarsiana do ser humano.

    1. Nó ben diferenciado que separa dous segmentos dun órgano vexetal.

    2. Unión móbil entre dúas pezas que lles permite un desprazamento angular recíproco, a transmisión de esforzos de tracción ou compresión, pero non pares de torsión.

    3. Acción de enunciar en artigos separados.

    4. Posición e movementos dos órganos da fala na emisión de cadeas fónicas identificables e significativas respecto ao repouso relativo.

    5. Emisión dos diversos sons dun fragmento musical de maneira que se poidan percibir diferenciados.

    VER O DETALLE DO TERMO