"Rusia" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 71.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facción do movemento socialista ruso, dirixida por Lenin, que en 1903 conseguiu o control do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia.
-
-
Relativo ou pertencente aos buriatos.
-
Individuo do pobo mongol dos buriatos.
-
Rama setentrional dos mongois que habitaba cerca do lago Baikal, na RA dos Buriatos, nos okrugi autónomos de Ust’-Ordynskij e Aga (Rusia) ao N da República de Mongolia (Selenge) e no extremo N da rexión autónoma da Mongolia Interior (O de Khajlar).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción épica rusa, popular dos s XI ao XVI en toda Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do Konstitucionno-demokratičeskaja Partija (KD, Partido Constitucional Democrático) que estivo vixente en Rusia (1904-1917).
-
-
Relativo ou pertencente aos caraítas.
-
Membro da seita caraíta.
-
Seita xudía de orixe persa (s VIII), que proclama a libre interpretación da Biblia e rexeita a tradición rabínica e oral, e que desde o s XIX habita en Rusia, Ucraína, Lituania e Israel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manxar composto por ovas de esturión salpresadas, típico de Irán e de Rusia.
-
-
Relativo ou pertencente aos cimerios.
-
Individuo do pobo dos cimerios.
-
Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.
-
Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.
-
-
-
Movemento plástico iniciado en Moscova nas primeiras décadas do s XX e englobado na arte abstracta que afirmaba a finalidade de construír unha nova realidade a partir do emprego de novos materiais industriais como os metais ou os plásticos.
-
Tendencia literaria que se desenvolveu en Rusia a partir dos principios do construtivismo artístico.
-
Corrente psicopedagóxica que se caracteriza polo feito de entender o proceso da aprendizaxe humana como unha articulación de construcións mentais elaboradas de xeito activo por cada individuo.
-
Corrente artística europea, nacida en Rusia e ligada ás artes plásticas, que se promoveu a partir de 1915, que parte do principio de que o personaxe é unha realidade que se constrúe a partir dos máis diversos elementos, nun proceso sumamente racional en que o intérprete ten en todo momento un control absoluto.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cosacos.
-
Individuo do pobo cosaco.
-
Poboación orixinariamente nómade que habita nalgunhas rexións da Ucraína, Rusia e Polonia. O goberno ruso empregounos para defender as súas fronteiras e para estender a súa influencia ata Siberia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base de lanzamentos espaciais que se utiliza, especialmente, en Rusia e na antiga Unión Soviética.