"Lips" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 49.

    1. Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.

    2. Relación social de dúas ou máis persoas.

    3. Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.

    4. Instante en que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.

      1. Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.

      2. Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico.

    5. Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha.

    6. Copia das mesmas dimensións ca o negativo que se realiza ao poñer en contacto, durante a exposición, o papel co negativo orixinal.

    7. Peza metálica disposta a modo de traveseiro, colocada entre os carrís e conectada cos sinais dunha instalación de bloqueo que, ao pasar unha locomotora, acciona un dispositivo sonoro desta cando a vía está ocupada.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial.

      2. Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto.

    1. Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste.

    2. Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas.

    3. Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres. Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado desde ese punto ata o meridiano de referencia e defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ctenóforos.

    2. Metazoo do filo dos ctenóforos.

    3. Filo de animais metazoos diblásticos e de simetría birradial, xeralmente de forma esférica ou elipsoidal, que presentan coloblastos cos que capturan pequenos organismos planctónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito en baga da palmeira datileira, que presenta forma elipsoidal prolongada e un mesocarpo comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo que se emprega para representar os números.

    2. Doceava parte do diámetro do Sol ou da Lúa no cómputo das eclipses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar un astro a eclipse doutro.

    2. Facer que unha persoa ou unha cousa perda importancia ao interpoñerse outra que sobresae polas súas características ou calidades.

    3. olverse invisible un astro ao producirse unha eclipse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escurecemento total ou parcial da luz que sucede cando un segundo astro se interpón entre o astro en cuestión e o observador, ou cando o astro entra na sombra ou na penumbra doutro. Unha eclipse solar acontece cando a Lúa se interpón entre o Sol e o observador situado na Terra.

    2. Nasalización que afecta ao primeiro fonema dunha palabra nas linguas célticas.

    3. Desaparición total ou parcial de alguén ou de algo ou diminución da súa notoriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á eclipse ou á eclíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desaparición dunha consoante, especialmente a central dun grupo de tres.

    2. Figura retórica de dicción que consiste na fusión das consoantes final e inicial, cando son idénticas, de dúas palabras contiguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza, xeralmente en forma de barra, que nun mecanismo adoita xirar ou sobre a que xira ese mecanismo, e que ao mesmo tempo soporta esforzos, principalmente de flexión e eventualmente de torsión.

      2. Conxunto das rodas dun vehículo e da peza transversal que as une, que soporta, na dirección lonxitudinal do vehículo, unha parte da carga para transmitila ao firme.

      3. Eixe unido mecanicamente ao eixe motor mediante bielas de encaixe ou engrenaxes, propio do ferrocarril.

      1. Recta ou liña imaxinaria sobre a que xira un corpo ou se desenvolve un sistema.

      2. Liña ideal dun órgano ou doutra estrutura anatómica, arredor da que se dispoñen as súas partes constitutivas.

      3. Liña que parte do ápice dun gasterópodo, ao redor da que xira a espiral da cuncha.

      4. Liña imaxinaria, trazada a través dos polos dun corpo celeste, ao redor da que xira ese corpo.

      5. Diámetro que une os dous polos da Terra.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO