Amosando 1 resultados de 11.
Acción e efecto de transferir.
Operación pola que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.
Aumento ou diminución dos ingresos de certos grupos de poboación ou sectores económicos en favor doutros.
Subvencións do estado á empresa privada ou ás unidades familiares.
Mecanismo polo que certo material xenético dunha bacteria se incorpora ao xenoma doutra.
Transposición dunha emoción entre o paciente e o psicanalista.
Sistema de fabricación en cadea perfecta en que as pezas pasan automaticamente dunha máquina á seguinte.