"Etiopia" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 22.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua etíope que se falaba en Etiopia (e Eritrea) ata o s X e que se mantivo despois como unha lingua literaria e litúrxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua nilo-sahariana que se fala ao O de Etiopia.
-
-
Carnívoro, da familia dos félidos, de gran tamaño, membros robustos e esbeltos e fortes zarpas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, cabeiros moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é de cor ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, de pelaxe máis clara e non presenta guedellas. O león desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros e aliméntase principalmente de animais herbívoros.
-
-
Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade. Aparece na representación de cazarías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo do poder.
-
Figura de león no tetramorfo que simboliza ao evanxelista Marcos, que ten a súa orixe na visión do profeta Ecequiel narrada no seu libro.
-
Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta, a sinistra un pouco máis baixa. A súa posición habitual é a de rampante.
-
-
Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.
-
Carnívoro pinípedo da familia dos otáridos, de gran tamaño, que presenta corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habitan no mar aberto formando manadas de moitos individuos e en época reprodutiva acércanse ás costas onde acaparan o maior número de femias formando haréns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título co que se designaba o monarca na Etiopia semítica e cristiá.
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas nilo-saharianas.
-
Familia de linguas africanas faladas nunha área que abarca de Mali a Etiopia e de Exipto ao N de Tanzania. Comprenden os grupos koma, maba, sahariano (linguas saharianas), sudánico oriental, sudánico central (linguas sudánicas), kunama, berta, songhai e fur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama de estudos sobre temas de lingua, historia ou arte dos pobos orientais. Comprende os pobos da costa setentrional de África, Exipto, Etiopia, Turquía e todos os pobos asiáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título máis elevado da xerarquía estatal en Etiopia, desde o s XVI, despois do negus.
-
-
Relativo ou pertencente ao saho.
-
Lingua cuxita que se fala en Etiopia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos salomónidas.
-
Individuo da dinastía salomónida.
-
Dinastía dos negus de Etiopia, inaugurada por Yekumo Amlank (1270-1285), que defendía a súa descendencia do rei Salomón e da raíña de Saba, e que se coñece en Occidente co nome de dinastía salomónica.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Sudán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Sudán.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza sudanesa.
-
Individuo de raza sudanesa.
-
Raza do grupo melanodermo, dolicocéfala, de talle elevado que vive en África occidental e central, desde o Sáhara ata o golfo de Guinea.
-
-
Conxunto de linguas que se falan desde o S de Exipto ao N de Tanzania e desde Etiopia e Kenya ata Chad. Son linguas sudanesas o kunama, o berta, o songhai e o fur.
-