"Emine" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 68.

    1. Conduto que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.

      1. Oco nunha parede en que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.

      2. Cheminea con marco e repisa na parte superior.

    2. Conduto na codia terrestre, en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo limitado por unha superficie cilíndrica e dous planos paralelos que a cortan.

      1. Elemento cilíndrico que forma parte de moitas máquinas que se empregan na industria.

      2. Peza metálica cun baleiro construtivo cilíndrico dentro do que se move un pistón.

    2. Parte interior cilíndrica do talo.

    3. Forma volcánica constituída por unha gran masa cilíndrica de lava solidificada que ascendeu en estado viscoso pola cheminea do volcán en forma de agulla ou domo.

    4. Pequeno cilindro de pedra, marfil ou barro vidrado, cunha perforación lonxitudinal e coa superficie gravada en oco, que se imprimía facéndoo rodar pola superficie de táboas finas de arxila aínda branda. Tiña un tamaño reducido que facilitou o seu emprego para asinar obxectos ou documentos. Orixinario do país de Sumer, pasou a Siria e Palestina, e chegou ao Val do Nilo na época predinástica.

    5. Formación alongada, que aparece no sedimento urinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada unha das seis pequenas eminencias situadas na porción endocranial do esfenoide, arredor da denominada cadeira turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contemplar.

    2. Atención con respecto a unha persoa ou a unha cousa por mor da súa importancia.

    3. Estado espiritual que comporta unha experiencia peculiar de sensacións, que ordinariamente quedan fóra do alcance da consciencia, e unha unión inmediata con elas que fai que sigan parecendo como eminentemente reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protuberancia que presentan algúns animais na cabeza, e que pode variar desde unha sinxela prominencia ata presentar complexas ramificacións ou forma de hélices.

    2. Substancia da capa exterior dos cornos coa que se fabrican determinados obxectos.

      1. Calquera cousa que, pola súa forma cónica, ten semellanza cun corno de animal.

      2. Formación da substancia gris da medula espiñal que, nunha sección transversal, ten forma de media lúa.

    3. Avultamento producido por un golpe, especialmente na fronte.

    4. Gasterópodo que presenta a cuncha de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas.

    5. Instrumento de vento que consiste nun corno dun animal.

      1. Lado ou extremo dereito ou esquerdo dunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expulsar ou botar fóra o fume unha cheminea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desposuír a un soberano do seu trono.

    2. Depoñer a alguén da autoridade que tiña ou da preeminencia da que gozaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desposuír a alguén do trono quitándolle o seu poder.

    2. Desposuír a algo ou alguén da súa posición preeminente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cheminea volcánica que se produce nas rochas da codia.

    VER O DETALLE DO TERMO