"Cione" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 58.

    1. Afianzar ou garantir algunha cousa dándolle caución a unha persoa.

    2. Precaver un dano que poida suceder para que non haxa prexuízos nunha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer presión con coaccións sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a colación dun beneficio eclesiástico.

    2. Comparar unha cousa con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formar unha colección de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encadear dúas ou máis cousas de maneira que se relacionen entre elas. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que algo estea supeditado a unha determinada condición para a súa realización.

      2. Constituír algo unha traba ou impedimento.

      1. Determinar o comportamento, o pensamento ou a actitude dun individuo.

      2. Crear novas pautas de comportamento a partir das pautas do suxeito, sexan innatas (instinto) ou aprendidas (reflexo condicional).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elaborar ou preparar algo, especialmente o que está constituído por varios elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de configurar ou configurarse.

    2. Forma que presenta algo, determinada pola disposición que adoptan as súas partes constituíntes.

      1. Posición relativa dos astros.

      2. Aspecto dun planeta respecto á Terra ou ao Sol.

      1. Situación dun sistema físico en que queda perfectamente especificada a posición de cada unha das súas partes compoñentes.

      2. Distribución dos electróns dun átomo ou dunha molécula nos diversos orbitais destes.

    3. Forma en que están dispostos os diferentes elementos dun ordenador para que tanto este como os programas e a impresora funcionen axeitadamente.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar conmoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO