"Calinos" (En toda a entrada)

Amosando 3 resultados de 13.

    1. Elemento químico de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, que pertence ao grupo I A, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica. Forma aliaxes con numerosos metais e intervén na regulación dun gran número de procesos vitais.

    2. Sólido en forma de pos brancos delicuescentes, que se empregan na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos e na fabricación de tubos de televisión.

    3. Sólido cristalino incoloro de gusto fortemente salgado, que se emprega como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos.

    4. Sólido cristalino, vermello amarelado, que se emprega como pigmento, oxidante e reactivo analítico.

    5. Sólido branco que se emprega na fabricación de xabóns e deterxentes, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino.

    6. Sólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, que se emprega na preparación de fertilizantes.

    7. Sólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, que se emprega como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.

    8. Sólido cristalino que se emprega como fertilizante para os cultivos de cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico da familia dos metais alcalinos, de número atómico 37 e peso atómico 84,4678, pertencente ao grupo I ºA da táboa periódica. O rubidio natural está constituído por unha mestura de isótopos, con números de masa 85 e 87.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha volcánica, porfírica, composta por feldespatos alcalinos e minerais máficos.

    VER O DETALLE DO TERMO