"CY" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 41.

    1. Ave acuática, do xénero Cygnus, que pertence á familia dos anátidos, de gran tamaño e plumaxe branca, de cabeza pequena, pescozo moi longo e flexible e patas curtas e palmadas, que vive en masas de auga doce e zonas litorais mariñas de pouco fondo.

    2. Ave, da familia dos anátidos, co peteiro de cor laranxa e unha excrecencia negra na base.

    3. Ave, da familia dos anátidos, que se caracteriza por ter a base do peteiro amarelo e a punta negra.

    4. Ave de plumaxe negra, da familia dos anátidos, co peteiro vermello, agás a punta que é branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cistoseiráceas.

    2. Alga da familia das cistoseiráceas.

    3. Familia de algas pardas, da orde das fucais, á que pertencen os xéneros Bifurcaria, Cystoseira e Halidrys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Cymbopogon, da familia das poáceas que presenta un pequeno bulbo do que se extrae un aceite que contén citral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación das catro cores das tintas de impresión estándar: cian, maxenta, amarela e negra, que cando se combinan axeitadamente poden reproducir unha imaxe a toda cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea deitada, da familia das cucurbitáceas, de talos volubles provistos de gabiáns e follas dúas veces pinnatilobuladas. Os seus froitos en pepónide presentan o epicarpio fortemente endurecido e de cor amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tiburón, da familia dos escuálidos, que presenta o corpo groso e cilíndrico de cor castaña escura, fociño curto e chato, ollos de cor verde e aletas dorsais con espiñas das que asoman as puntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave con patas moi longas, de catro dedos, plumaxe gris salferida de branco, peteiro recto e delgado, ás curtas e arredondadas, e cola longa e estreita. Aliméntase basicamente de réptiles e insectos e é unha excelente corredora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cortinariáceas.

    2. Fungo da familia das cortinariáceas.

    3. Familia da orde das cortinariais á que pertencen os xéneros Cortinarius, Hebeloma, Inocybe, Naucoria e Rozites.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave que pertence aos xéneros Clamator, Coccyzus e Cuculus, da familia dos cucúlidos, de cola grácil e ás longas, con dous dedos cara adiante e dous cara a atrás.

    2. Ave, de cabeza, peito e partes superiores cinsentas, que presenta unha distribución paleártica.

    3. Ave que presenta unha curupela e as partes superiores de cor acastañada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dorme moito ou que ten tendencia a facelo. Tm s.

    2. Cangrexo braquiúro do xénero Atelecyclus que se caracteriza por presentar a cuncha ovada, de cor acastañada e as pinzas fortes de cor cinsenta. Viven en fondos areosos con abundante cobertura de algas.

    3. Cangrexo braquiúro do xénero Calappa.

    VER O DETALLE DO TERMO