"Andia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 44.

    1. Relativo ou pertencente aos dogóns ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo dogón.

    3. Pobo de África occidental que ocupa a rexión montañosa dos acantilados de Bandiagara, na parte sudoccidental do Alto Níxer.

    4. Lingua níxer-congo que se fala en Mali e Burkina Faso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da familia dos dromiceidos que presenta a cabeza pequena e o pescozo moi longo e cuberto dunha penuxe moi fina. O corpo é groso, cunha plumaxe densa e sedosa de cor gris escura. Posúen unhas ás moi reducidas e teñen a pel dunha tonalidade azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Escandinavia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Escandinavia.

    1. Pobo xermánico que se estableceu (s II a C) na Península Escandinava, en Islandia, en Xutlandia e nas illas que forman parte do territorio de Suecia, Noruega e Dinamarca na actualidade.

    2. linguas nórdicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pronunciar un verso marcando de forma distinta os pés que o compoñen.

    2. Falar descompoñendo as palabras en sílabas que se pronuncian separadamente. É un trastorno que se manifesta en enfermidades neurolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esquimós ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo esquimó.

    3. Pobo que habita nas rexións árticas, disperso polos sectores máis setentrionais de América do N e polo O de Groenlandia.

    4. Lingua esquimó-aleutiana que comprende o inuit e o iupik.

    5. Can de gran talle, caracterizado polo seu pelame denso e bastante longo en todo o corpo, agás no fociño. A súa coloración pode ser branca, negra ou castaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao esquimó-aleutiano.

    2. Familia lingüística que inclúe o esquimó e o aleutiano, linguas emparentadas entre elas, e que se estenderon pola costa S de Groenlandia, as rexións árticas de Canadá, as rexións do N de Alaska, as illas Aleutianas e ata hai unhas décadas por Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo se estenda e ocupe máis espazo.

    2. Facer que algo aumente de volume ou se dilate.

    3. Facer que algo chegue a máis xente ou a máis lugares.

    4. Ir a máis ou ocupar algo máis espazo.

    5. Aumentar de volume algo.

    6. Chegar algo a máis xente ou a máis lugares.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Finlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Finlandia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo finés.

      2. Individuo do pobo finés.

      3. Pobos que se estableceron na costa báltica oriental, Finlandia e Carelia, a partir do Neolítico, procedentes das rexións centrais de Rusia, entre os que se estaban os finlandeses, os carelios, os estonianos, os livonios, os vepsios e os udmurtos.

    1. finlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Finlandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Finlandia.

    3. Lingua finoúgria, que se fala sobre todo en Finlandia, onde é lingua oficial, pero tamén na República de Carelia, Rusia e Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Frisia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Frisia.

    3. Pobo de orixe xermánica instalado desde a Antigüidade nas costas do mar do Norte, entre a boca do Rin e a península de Xutlandia.

    4. Lingua xermánica que se divide nas variedades frisón occidental, falado no N dos Países Baixos, frisón oriental, que se fala en certos redutos do antigo Oldenburg, e frisón setentrional, na illa de Helgoland, na costa de Slesvig ao N de Husum e nas illas da mesma costa ata Sylt.

    VER O DETALLE DO TERMO