"Alet" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 223.

    1. De forma semellante á da anguía.

      1. Relativo ou pertencente á orde dos angüiliformes.

      2. Peixe da orde dos angüiliformes.

      3. Orde de peixes osteíctios, que comprende individuos de corpo moi alongado, serpentiforme, coas aletas de consistencia branda e pel moi viscosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ascaláfidos.

    2. Insecto da familia dos ascaláfidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos neurópteros, que comprende individuos coas antenas moi longas, acabadas en forma de paleta ou de maza. Teñen as ás moi reticuladas da cor do xofre ou amarelo leitoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe, da familia dos escómbridos, que se caracteriza por presentar corpo fusiforme, coroado por dúas aletas dorsais, e que engloba 48 especies de distribución mundial. Trátase de especies peláxicas de costumes migratorias, xeralmente gregarias.

    2. Atún pequeno, da familia dos escómbridos, que presenta unha longa aleta pectoral. OBS: Tamén se denomina bonito.

    3. Atún de gran tamaño, da familia dos escómbridos, propio das augas quentes e mornas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.

    4. Atún, da familia dos escómbridos, que se caracteriza polas pínnulas amarelas que presenta cerca da cola.

    5. Atún, da familia dos escómbridos, que habita no Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazalete que se usa para adornar brazos, pulsos e nocellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos gádidos, co maxilar superior moi prominente. Posúe tres aletas dorsais e dúas aletas anais. Na base das aletas pectorais ten unha característica mancha negra. A cor é variable. Vive en augas pouco profundas, onde se alimenta de crustáceos e outros peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe do xénero Gadus, da familia dos gádidos. Ten o corpo alongado e presenta unha barbela baixo o queixo e as aletas sen espiñas. Son de cor variable segundo o ambiente. Son peixes moi voraces que viven en augas frías e pouco salgadas da parte N do Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño de corpo alongado, da familia dos escómbridos, semellante ao atún, coas aletas pectorais e ventrais moi curtas e as dúas dorsais moi xuntas. O dorso é azul escuro con liñas escuras, o ventre claro e baixo as aletas pectorais posúe unhas manchas negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel de ovella ou de carneiro, que se emprega para forrar calzado, facer accesorios e tamén en encadernación e traballos de coiro fino.

    2. Pel que ten o gando vacún por debaixo do pescozo.

    3. Aleta ventral ou pectoral dos peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.

    5. Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balénidos.

    2. Mamífero da familia dos balénidos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies de baleas que posúen barbas longas e flexibles e as primeiras vértebras cervicais fusionadas. Carecen de aleta dorsal e de pregaduras baixo o pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO