"40 ·" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 47.

    1. Modelo explicativo do conxunto de condicións atmosféricas e meteorolóxicas que se rexistran sobre un territorio nun período de tempo suficientemente longo como para poder considerar representativos os datos. Os climas caracterízanse segundo factores astronómicos, dinámicos e xeográficos.

    2. Clima de montaña da zona temperada onde predomina o factor altitude que determina a existencia de invernos fríos, cunha forte presenza de neve, e estíos frescos e chuviosos.

    3. Clima da zona polar do hemisferio norte.

    4. Clima oceánico do continente europeo.

    5. Clima propio das altas latitudes do hemisferio norte que se caracteriza polos invernos prolongados e rigorosos.

    6. Clima dos sectores interiores das masas de terra, que se caracteriza polas oscilacións térmicas pronunciadas e polo predominio das estacións equinocciais. As precipitacións son escasas e teñen lugar, principalmente, no verán, en forma de treboadas.

    7. Clima que presenta unha grande amplitude térmica anual e uns contrastes estacionais moi acusados.

    8. Clima que afecta a sectores moi reducidos da terra por mor da existencia dun factor xeográfico diferencial.

    9. Clima típico da zona mediterránea, que se dá nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude e que se caracteriza por veráns secos e cálidos, invernos suaves, e choivas que se presentan na primavera e no outono, a miúdo torrenciais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de datar.

      1. Estimación da idade dun material xeolóxico, dun fósil ou dun xacemento arqueolóxico que establece a antigüidade respecto a outros materiais cos que se establecen relacións de contemporaneidade, anterioridade ou posterioridade, segundo unha sucesión.

      2. Técnica de datación que se basea na desintegración do radioisótopo potasio-40 en argón-40, e na que o proceso completo tardaría 1,27·10 10 anos.

      3. carbono 14.

      4. Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo rubidio-87 no isótopo estable estroncio-87, na que o proceso completo tardaría 4,7·10 10 anos.

      5. Técnica de datación baseada na cuantificación dos fotóns de luz que emite un sólido ao sometela a un aumento de temperatura. A diferenza de emisión de luz do material depende de pequenas cargas eléctricas da estrutura cristalina que varían co paso do tempo.

      6. Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo de uranio-238 a chumbo-206, na que o proceso completo tardaría 4,5·10 9 anos.

      7. Técnica de datación baseada na composición química dun espécime do que se sabe que sofre lixeiros cambios químicos co paso do tempo, como a substitución dos fosfatos por ións de flúor nos ósos soterrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda forma instintiva coñecida como instinto de destrución ou de morte (thánatos, ϴάνατοV), paralela e oposta á libido ou instinto de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos diaguitas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo diaguita.

    3. Pobo amerindio que viviu, desde o s X no NO de Arxentina, agrupado en pequenas aldeas, en construcións de barro, palla, canas e madeiras e cultivaban millo, quínoa, papas, porotos e zapallos, ademais de algodón. A chegada dos conquistadores europeos ao seu territorio (1540), orixinou a súa desaparición.

    4. Lingua amerindia que falaba o pobo diaguita. Desapareceu no s XVII ao impoñerse o quechua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asimilación entre dúas unidades que integran certas formas dalgúns verbos gregos (ὁράω > ὁρὀω) propios da lingua homérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de prata cuñada por Roxelio II de Sicilia a partir de 1140.

    2. Moeda veneciana de ouro de lei.

    3. Moeda de ouro cuñada en diferentes estados como imitación do ducado veneciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caucho vulcanizado cunha proporción de xofre que pode variar do 18 ao 40%. Presenta unha gran resistencia aos axentes químicos e emprégase na fabricación de material eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dificultade para a realización de algo.

    2. Turbación ou falta de soltura no que se está a realizar.

      1. Estado da muller embarazada que comprende o período que vai desde a implantación do óvulo fecundado ata o parto, en que o embrión se nutre a expensas do organismo materno a través da placenta e que ten unha duración media de 40 semanas.

      2. Embarazo en que o embrión se desenvolve fóra da cavidade uterina.

      3. Estado patolóxico que simula un embarazo e que pode orixinar erros na diagnose. OBS: Tamén se denomina pseudociese.

      4. Fenómeno psicosomático caracterizado por un conxunto de signos físicos que evocan un embarazo, pero que se dan nunha paciente que non está realmente embarazada.

      5. Proba inmunolóxica para detectar a presenza da hormona gonadotropina coriónica (HGC) nos ouriños da muller embarazada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda capa máis alta da atmosfera terrestre que se situa entre os 12 e os 40 km de altura sobre a superficie da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda alemá de ouro cun valor de cinco táleros de prata. Foi cuñada entre 1713-1740 ata 1871.

    2. Moeda dinamarquesa de ouro cuñada no s XIX que tiña un valor de cinco táleros.

    VER O DETALLE DO TERMO