"Spirit" (Contén)

Amosando 10 resultados de 11.

  • Doutrina que se basea na crenza da existencia e manifestación dos espíritos, segundo a que o home está constituído por tres elementos principais: a alma, o corpo físico e o periespírito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espiritismo.

    2. Persoa que profesa o espiritismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles.

      2. Unha das tres persoas do Deus cristián. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    1. Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo.

    2. Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.

    3. Ánimo ou valor para actuar.

    4. Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.

    5. Conxunto de características ou tendencias esenciais que se poden apreciar nas manifestacións dunha colectividade.

    6. Sentido ou intención que subxace a un texto.

    7. Substancia volátil que se obtén por destilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza bucal que se enrola en espiral plana, propia dos lepidópteros, que serve para libar o néctar das flores ou calquera outro zume nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertence ao espírito.

      2. Que non é material.

    1. Que ten un carácter relixioso.

    2. Que é delicado ou que revela gran sensibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de espiritual.

      1. Sensibilidade polos valores espirituais.

      2. Desenvolvemento da dimensión espiritual, fronte á natureza material ou corporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que formula que o espírito é unha realidade substancial e, ao mesmo tempo, o substrato último das cousas e do mundo. Afirma tamén que na base espiritual do mundo se produce simultaneamente a inconsciencia total e a consciencia máis absoluta.

    2. Doutrina que afirma a primacía do espírito na explicación das funcións psíquicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espiritualismo.

    2. Que segue o espiritualismo. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de espiritualizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer espiritual a algo ou a alguén.

    2. Considerar algo como espiritual.

    VER O DETALLE DO TERMO