"Ise" (Contén)

Amosando 10 resultados de 206.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘disolución’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrólise provocada por un ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte anterior e media da hipófise, de natureza glandular, que segrega diversas hormonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción semellante a unha hidrólise, en que unha molécula AB se descompón en dous fragmentos A e B pola acción dun alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución dun alvéolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Degradación parcial ou total do amidón e das substancias amiláceas en xeral, que pode producirse por hidrólise ou por despolimerización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química, similar á hidrólise, onde o amoníaco provoca a ruptura do enlace A–B e libera como produtos ANH 2 e HB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación primitiva entre os impulsos sexuais e os impulsos de autoconservación que proporcionan a fonte orgánica e o obxecto aos primeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace. OBS: Tamén se denomina agnición e recoñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO