"ILE" (Contén)

Amosando 10 resultados de 197.

  • Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de dous hidróxenos, deixando dúas valencias libres, en dous átomos de carbono distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mes de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao acetileno.

      2. Relativo ou pertencente ao enlace triplo entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen, e que cando se atopa ao final dunha cadea os compostos acetilénicos califícanse como terminais.

      3. Hidrocarburo da serie acetilénica.

    1. Serie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, e que se caracteriza pola presenza dun enlace triplo. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos nos que existe cando menos un enlace triplo. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo de triplo enlace, extremo da serie chamada acetilénica. É moi inflamable e produce co aire mesturas moi estourantes, tamén pode estourar cando se comprime. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non presenta cotiledóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e ás formas culturais desenvolvidas por eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que sinala que a interpretación dun fragmento musical debe facerse con dozura e graza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico trivial, a eliminar, das olefinas en C 5 e especialmente do 2-metilo-2-buteno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto empregado en medicina en forma de diclorhidrato como narcótico, analxésico e sedante.

    VER O DETALLE DO TERMO