"ECL" (Contén)

Amosando 10 resultados de 69.

  • Abombamento de tipo anticlinal de grandes dimensións nas áreas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de persoas afeccionadas ao cine, coa finalidade de promover actividades de estudo e difusión do medio cinematográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de declamar.

      2. Arte vocal do actor relacionada coa oratoria e coa dición.

      1. Discurso que se compuña nas escolas de elocuencia de Roma.

      2. Oración escrita ou pronunciada como exercicio nas regras da retórica, e case sempre sobre un tema suposto xa fixado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que declama. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar en público ou recitar algo marcando o sentido coa entoación e a xesticulación conveniente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á declamación.

    2. Que ten unha forma de falar enfática, esaxerada, solemne e grandilocuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode declarar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de declarar ou declararse.

      1. Acto xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público ou tribunal.

      2. Exposición, feita normalmente por escrito, dos impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.

      3. Acto unilateral realizado por un estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais.

      4. Fórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.

      5. Sentenza emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución.

      6. Delito contra a administración de xustiza que consiste na alteración da verdade nunha declaración susceptible de producir efectos xurídicos, en particular, no falso testemuño formulado contra o reo en causa criminal.

      7. Manifestación oral, escrita ou mímica, feita baixo xuramento a requirimento da autoridade xudicial ou administrativa, ou de xeito voluntario ante notario.

    2. Documento que o suxeito pasivo lle presenta á administración tributaria, no que se recollen as circunstancias que constitúen o feito impoñible dun tributo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. declarar.

    2. Que se mostra abertamente e non de forma encuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO