"PL" (Contén)

Amosando 10 resultados de 1003.

  • Comunidade biótica acuática formada por algas filamentosas adheridas ao substrato pola base e máis ou menos ramificadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído de orixe onomatopeica que representa o golpe dunha cousa contra outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número de dotacións cromosómicas que ten un organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). O chumbo e os seus compostos presentan unha elevada toxicidade, xa que se acumulan no organismo.

      2. Sólido cristalino branco que se emprega como impermeabilizante na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

      3. Sólido que se presenta en forma de cristais brancos que se empregan como insecticida.

      4. Sólido cristalino marrón que se emprega como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

      5. Cristal branco, moi tóxico e oxidante. Emprégase como mordente, na preparación de explosivos e como pigmento.

      6. litarxirio.

      7. Sólido que se presenta en forma de cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

    1. Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

    2. Bala dunha arma de fogo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Plotino ou á súa doutrina.

    2. Seguidor de Plotino ou da súa doutrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel feito con manteiga, azucre, ovos, fariña, fermento gasificador para que aumente, ron, pasas de Corinto e, ás veces, froita confeitada ou outros ingredientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción da pel das aves formada de queratina mineralizada, que aparece como unha papila dérmica e que unha vez que rematou de medrar se converte nun órgano morto fixado á pel, que está formado por un cálamo, fixado á epiderme, que se alonga no raque, que a cada lado ten as barbas, e estas teñen as bárbulas.

      1. Pluma de paxaro cortada que se mollaba en tinta e que se utilizou ata o s XIX para escribir.

      2. Instrumento de escritura, con ou sen depósito de tinta, constituído por un mango, normalmente de madeira, cunha lámina metálica fixada na punta.

      3. Lámina metálica por onde sae a tinta.

      4. Arte ou actividade de escribir.

      5. Estilo ou xeito de escribir dunha persoa.

      6. Persoa que escribe obras literarias.

    2. Brazo dun guindastre.

    3. Aparello constituído por dúas poleas que facilitaba diversas operacións de limpeza do barco ao conter a caída violenta da embarcación.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de plumas que cobren o corpo dun paxaro.

    2. Plumaxe que algunhas aves presentan durante o período de reprodución e que adoita distinguirse polo colorido rechamante e, ás veces, pola presenza de ornamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘chumbo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal que contén o anión plumbato.

    2. Oxoanión complexo do chumbo que existe en solucións fortemente alcalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO