"Pin" (Contén)

Amosando 10 resultados de 261.

    1. Grupo de arbustos, entre eles o estripo ou o abruñeiro, que se caracterizan por presentar espiñas no talo.

    2. Arbusto espiñento, da familia das rosáceas, con follas serradas, flores brancas e olorosas, e froito ovoide. Emprégase coma patrón de enxertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de aluminio e magnesio que cristaliza no sistema cúbico en cristais octaédricos. Preséntase tamén, a miúdo, en masas irregulares. É moi coñecida a macla da espinela segundo a cara do octaedro. A cor é moi variable, pero a máis corrente é a vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartilaxe en que remata o esterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. espiñoso.

      1. Peixe da familia dos gasterosteidos.

      2. Peixe, da familia dos gasterosteidos, de corpo alongado, co fociño e o pedúnculo caudal moi afiados, propio de augas salgadas ou salobres.

      3. Peixe, da familia dos gasterosteidos, de corpo comprimido e fusiforme, cun pedúnculo caudal afiado, cabeza aguda e boca pequena. Presenta tres espiñas illadas diante da aleta dorsal que poden erguer, aletas pélvicas transformadas noutra espiña e aleta caudal reducida. A pel está desprovista de escamas ou parcialmente cuberta de placas óseas. Aliméntase de vermes, crustáceos, insectos e pequenos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de teclado, da familia do clavicémbalo, de cordas pulsadas, dispostas en sentido diagonal de esquerda a dereita. Normalmente, posúe un só rexistro de oito pés e o teclado é de catro oitavas e media de extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra medieval que proxectaba pedras e dardos.

    2. Arma portátil de canón moi longo, coa ánima lisa e chave de pedra de chispa, coa caixa traballada con incrustacións ou damasquinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estripeiro.

      1. Puga dura que teñen os talos, as ramas ou as follas dalgunhas plantas.

      2. Puga dura que cobre o corpo dalgúns animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinosauro terópodo, caracterizado por presentar unha gran crista que funcionaba como un sistema de termorregulación. Os espinosauros dispuñan de potentes mandíbulas longas con dentes rectos e afiados. Camiñaba normalmente sobre as patas traseiras pero posiblemente nalgúns momentos asumía a postura cuadrúpede. Viviu hai 110 millóns de anos, no Cretáceo, no N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten espiñas.

    2. Que ten ou mostra moitas dificultades ou atrancos.

    VER O DETALLE DO TERMO