"hum" (Contén)

Amosando 10 resultados de 85.

  • Fracción de humus insoluble en reactivos alcalinos, composta de ácidos húmicos enlazados con arxilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de magnesio con ferro e flúor, que cristaliza no sistema rómbico en cristais de cor amarela ou laranxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Líquido, normal ou patolóxico, do corpo dun animal ou dunha planta.

      2. Líquido viscoso contido na cámara anterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados, entre a córnea e o cristalino.

      3. Cada un dos catro humores (bile, atrabile, pituíta e sangue) que, segundo a medicina antiga, segregaba o organismo e do equilibrio dos que dependían a saúde e a enfermidade.

      4. Líquido xelatinoso contido na cámara posterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados entre o cristalino e a retina.

      1. Estado de ánimo, que fai referencia a unha disposición afectiva do espírito ou do temperamento, con inclinación á alegría ou á tristeza.

      2. Boa disposición para facer algo.

    1. Tendencia de alguén a ver o lado positivo ou irónico das cousas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos humores do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina médica sen valor científico, segundo a que todas as enfermidades son o resultado das alteracións dos humores do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao humoralismo.

    2. Partidario do humoralismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. humoralismo.

      1. Actitude de quen ve o lado cómico e irónico das cousas.

      2. Estilo literario, gráfico ou artístico que interpreta a realidade nos seus carices cómicos, absurdos ou incongruentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza obras, debuxos ou espectáculos de carácter humorístico.

    2. Persoa que actúa en público para facer rir.

    3. humoralista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao humor.

    2. Que contén humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fracción da materia orgánica do solo que sufriu o proceso de humificación. É de composición variable e heteroxénea, as súas características fisicoquímicas (pH, permeabilidade, porosidade ou textura) son variables e condicionan os usos dos solos.

    2. Materia orgánica do solo.

    3. Materia orgánica case sen descompoñer, de natureza ácida e case sempre fibrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO