"RC" (Contén)

Amosando 10 resultados de 848.

    1. Intercambio de mercadorías por outras mercadorías ou por cartos.

    2. Reunión de mercadores nun lugar público co propósito de efectuar un intercambio comercial.

      1. Conxunto de actividades de compra e venda de mercadorías levada a cabo por dúas categorías de suxeitos económicos, os que ofrecen e os que demandan.

      2. Organización institucional formada por todas as operacións de crédito.

      3. Mercado en que se fan transaccións cos contratos de compra e venda, nunha data de futuro e a un prezo especificado. A súa finalidade é protexer os compradores e os vendedores das flutuacións imprevistas no prezo dunha mercadoría.

      4. bolsa de valores.

      5. Segmento do mercado monetario dun estado, onde negocian estritamente as entidades bancarias para ofrecer os seus excedentes líquidos de tesouraría ou para pedir diñeiro a curto prazo.

      6. Espazo económico sen barreiras interiores, que constitúe o mercado interior da Unión Europea. O seu obxectivo é reestruturar as empresas e reforzar a súa competitividade.

      7. Intercambio ilegal ou clandestino de mercadorías que teñen unha circulación prohibida ou racionada.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que comercia por xunto con toda clase de produtos.

    2. Membro do estamento mercader no Antigo Réxime que comprendía as profesións ligadas ao comercio por xunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera cousa que se pode comprar ou vender.

    2. Conta de activo que recolle os resultados da actividade lucrativa da empresa.

    3. Produto de traballo humano. útil para satisfacer as necesidades humanas e destinado aos intercambios no mercado

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas que se destinan a mellorar o comercio dos produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercadoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comercio.

    2. Que transporta mercadorías ou persoas, especialmente por mar.

    3. Barco que transporta mercadorías.

    4. Conxunto de barcos que se destinan ao comercio de mercadorías ou ao transporte de persoas. OBS: Tamén se denomina mariña mercante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.

    2. Corrente de pensamento económico, que dominou en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio de que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercantilismo.

    2. Partidario do mercantilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO