"Lac" (Contén)

Amosando 10 resultados de 485.

    1. Relativo ou pertencente ás baciláceas.

    2. Bacteria da familia das baciláceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais, integrada por bacilos capaces de producir endósporas cilíndricas, elipsoidais e esféricas, situadas en posición central, subterminal ou terminal. Xeralmente hidrolizan a xelatina e fermentan os azucres. A maioría son saprófitas e viven no solo pero tamén as hai parasitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bartonelácidos.

    2. Rickettsia da familia dos bartonelácidos.

    3. Familia de rickettsias parasitos endocelulares vertebrados, que son transmitidos por artrópodos. Teñen aspecto bacteriano e son sensibles aos antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.

    2. Consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos, segundo o Código de Dereito Canónico.

    3. Aprobación reservada ao rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que se introduce un grupo benzoilo nunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás betuláceas.

    2. Planta leñosa, árbore ou arbusto da familia das betuláceas.

    3. Familia de plantas leñosas, árbores ou arbustos, da orde das fagais. As flores dispóñense en amentos masculinos e femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incremento da concentración de compostos químicos que, por non ser biodegradables e ter unha taxa de absorción e almacenamento maior ca a de excreción, se almacenan tanto no ser vivo individual como na cadea alimenticia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso embrionario que conduce á formación da blástula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bruceláceas.

    2. Bacteria da familia das bruceláceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das eubacteriais, integrada por bacterias Gram-negativas moi pequenas e pleomórficas, parasitas obrigadas de moitos animais, mesmo do ser humano. Son inmóbiles ou ben se moven por flaxelos perítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO