"Hi" (Contén)

Amosando 10 resultados de 998.

  • Aplícase a unha variedade de uva tinta e doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción pequena que queda dunha cousa ao romper.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cahitas ou á súa lingua.

    2. Individuo da tribo amerindia cahita.

    3. Tribo amerindia que habitaba no noroeste de México, á beira dos ríos Sinaloa, Fuerte, Mayo e Yaqui. As principais tribos que sobreviven son os mayos e os yaquis.

    4. Lingua uto-azteca que falan os cahitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua cakchiquel.

    2. Individuo do pobo cakchiquel.

    3. Pobo amerindio da familia maia-quiché que habita na zona comprendida entre a cidade de Guatemala e o lago Atitlán. Está constituído por uns 350.000 membros.

    4. Lingua maia-quiché, que se fala nos departamentos de Sololá, Chimaltenango, Sacatepéquez e Escuintla, en Guatemala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea, da familia das tropeoláceas, rastreira ou rubideira , que presenta flores zigomorfas con cinco sépalos, un deles con esporón cilíndrico, e cinco pétalos amarelos ou vermellos.

    2. Cada un dos topes que nas minervas se empregaban para guiar o papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de café azucrado cunha porción de crema escumosa e salpicado de canela. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos capuchinos ou á súa orde.

      2. Membro dunha das diversas ordes inspiradas na regra dos franciscanos, reformada por Matteo di Bassi ou da Bascio (1495-1552).

      3. Orde inspirada na regra dos franciscanos que propugnaba o retorno ao primitivo espírito franciscano de pobreza integral e liberdade de prédica, aprobada por Clemente VII en 1528.

    1. Primate, da familia dos cébidos, que presenta o pelame de cor castaña e os bordos da cara e do pescozo brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se presenta en forma de cristais incoloros utilizados como intermediarios en sínteses orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encima que hidroliza enlaces glicosídicos.

    VER O DETALLE DO TERMO