"CIO" (Contén)

Amosando 10 resultados de 2928.

  • Calidade de circunspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liña de trincheiras ou fortes coa que se rodea ou circunvala unha praza.

    2. Estrada que rodea o perímetro externo dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta tortuosa que describe algunha cousa.

    2. Pregamento flexuoso da superficie cerebral que está limitada por sucos e fendas, e que forma parte dos lóbulos do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de citar.

    2. Citación que se fai ao vendedor cando chega o momento da evicción.

    3. Dilixencia de xuízo executivo a través da que se dá un termo ao debedor para se opoñer á demanda.

    4. Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de civilizar.

    2. Conxunto dos caracteres propios da vida material e cultural dun pobo civilizado ou dun período determinado na historia da sociedade.

    3. Conxunto das normas, valores e comportamentos adquiridos por unha sociedade e aceptadas polo grupo que dirixen os aspectos básicos da vida colectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de clarificar.

    2. Proceso industrial de separación das partículas sólidas suspendidas nun líquido para aclaralo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías.

    2. Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso.

    3. Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición.

    4. Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización.

    5. Distribución dos seres vivos en grupos denominados taxons.

    6. Operación efectuada para separar as partículas sólidas, segundo o seu tamaño, peso ou densidade, co obxecto de obter agrupacións ou clases de partículas iguais.

      1. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise da onda acústica susceptible dunha interpretación lingüística.

      2. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise do traballo muscular que efectúan os órganos de fonación de movemento lingüisticamente interpretable.

      3. Descrición ordenada das combinacións regulares, das distribucións defectivas e das condicións de neutralización dos elementos funcionais fonemáticos de cada lingua.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de claudicar.

    2. Dor constritiva que aparece nas extremidades inferiores só durante os esforzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asocarpo formado por un corpo máis ou menos esférico e indehiscente que contén os ascos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acondicionamento do aire, de xeito artificial, nun lugar para conseguir unhas características de temperatura e humidade agradables ou convenientes ao corpo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO