"Mun" (Contén)

Amosando 10 resultados de 152.

    1. Relativo ou pertencente á comunicación.

    2. Que se comunica facilmente a outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada nos procedementos e nas técnicas da comunicación de masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os medios de comunicación social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que se posúe entre varios.

    2. Reunión dos que viven en común.

      1. Grupo social caracterizado por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de conviccións ideolóxicas, sociais, políticas ou relixiosas.

      2. Membros dunha igrexa particular que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

      3. Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo.

      4. Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978.

      5. Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico.

      6. Propiedade ou dominio dunha cousa ou dereito, compartida entre diversas persoas.

      7. Forma de organización do patrimonio da sociedade conxugal, que se caracteriza por agrupar nunha masa común todos ou unha parte dos bens e propiedades dos cónxuxes de modo que as rendas se destinen a soportar os gastos do matrimonio.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de comungar.

      1. Recepción do sacramento da eucaristía.

      2. Expresión formulada no Símbolo dos Apóstolos que subliña o sentido universal da participación na vida de Deus de todos os membros da Igrexa.

      3. Práctica piadosa consistente nun acto interior de fe e de pregaria eucarística que se fai en lugar da comuñón, cando non se pode recibir o sacramento.

      4. Precepto imposto a todos os fieis cristiáns no IV Concilio de Letrán (1215), polo que se lles obriga a recibir o sacramento da eucaristía cando menos unha vez ao ano e en caso de padeceren unha doenza grave.

      5. Recepción da eucaristía por primeira vez na vida.

      1. Participación nas cousas non materiais que son comúns.

      2. Comunidade que tende á máxima participación dos seus membros.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

    2. Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

    3. Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comunismo.

    2. Que é partidario do comunismo ou membro dun partido desta ideoloxía. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é da comunidade.

    2. Que pertence á Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década de 1980 en EE UU que defendía unha noción positiva de liberdade, a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia e a creación de verdadeiras democracias participativas.