"Fu" (Contén)

Amosando 10 resultados de 550.

    1. Condición de funcional.

    2. Posición teórica fronte á arquitectura, do moble e do deseño, que fai da estrita adaptación da forma á finalidade da obra o principio de actuación do deseñador.

    3. Corrente lingüística continuadora do estruturalismo que destaca o carácter instrumental da linguaxe e o papel dos falantes, considerando que a estrutura das linguas vén determinada polas funcións que lle dan os seus usuarios.

    4. Teoría, iniciada por D. Armstrong e H. Putnam, que considera que a condición para estar nun estado mental vén dada polas relacións causais deste.

    5. Teoría sociolóxica creada por Talcott Parsons que considera a sociedade como un sistema cun equilibrio estable onde as estruturas sociais posúen un carácter funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao funcionalismo.

    2. Que segue as teorías do funcionalismo. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de funcionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar a súa función ou funcións algo ou alguén.

    2. Dar algo ou alguén o resultado que se esperaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de funcionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa incorporada á Administración por unha relación de servizos profesionais e retributivos, regulada polo dereito administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos termos que, en glosemática, interveñen nunha función.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta de pano, coiro ou doutro material flexible, de quitar e pór, na que se garda ou coa que se protexe algo.

    2. Peza de roupa feita dunha soa peza, que se usa en diferentes oficios como traxe de faena, ou que se pon por riba doutra roupa para protexela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fundar.

    2. Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.

      1. Organización pública ou privada, sen finalidade lucrativa, constituída por persoas físicas ou xurídicas para a realización de obxectivos de interese xeral.

      2. Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fundación.

    VER O DETALLE DO TERMO