"Muni" (Contén)

Amosando 10 resultados de 64.

    1. Acción de comungar.

      1. Recepción do sacramento da eucaristía.

      2. Expresión formulada no Símbolo dos Apóstolos que subliña o sentido universal da participación na vida de Deus de todos os membros da Igrexa.

      3. Práctica piadosa consistente nun acto interior de fe e de pregaria eucarística que se fai en lugar da comuñón, cando non se pode recibir o sacramento.

      4. Precepto imposto a todos os fieis cristiáns no IV Concilio de Letrán (1215), polo que se lles obriga a recibir o sacramento da eucaristía cando menos unha vez ao ano e en caso de padeceren unha doenza grave.

      5. Recepción da eucaristía por primeira vez na vida.

      1. Participación nas cousas non materiais que son comúns.

      2. Comunidade que tende á máxima participación dos seus membros.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

    2. Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

    3. Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comunismo.

    2. Que é partidario do comunismo ou membro dun partido desta ideoloxía. Tm s, referido a persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é da comunidade.

    2. Que pertence á Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década de 1980 en EE UU que defendía unha noción positiva de liberdade, a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia e a creación de verdadeiras democracias participativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que oculta a súa condición comunista. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente xurdida a mediados da década de 1960, que defendía a necesidade dunha nova estratexia de instauración do comunismo, adaptada ao capitalismo avanzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao eurocomunismo.

    2. Partidario do eurocomunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • excomuñón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é alleo á Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO