"dermo" (Contén)
Amosando 10 resultados de 21.
-
-
Relativo ou pertencente aos equinodermos.
-
Deuteróstomo do filo dos equinodermos.
-
Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade parasitaria que afecta fundamentalmente ao gando bovino e que se caracteriza por unha tumoración da pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia e que permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo leucodermo ou aos seus representantes.
-
Individuo do grupo leucodermo.
-
Grupo étnico de pel branca ou lixeiramente escura, cabelos crechos e nariz xeralmente estreito. Que habitan en Europa, no SO de Asia e no N de África.
-
-
-
liocarpo.
-
Que presenta os tegumentos externos lisos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo melanodermo ou aos seus representantes.
-
Individuo do grupo melanodermo.
-
Grupo de razas humanas de pel escura, cabelos crechos, glándulas sudoríparas abondosas, beizos inchados e predominio da dolicocefalia. Están amplamente estendidos no continente africano, nalgunhas rexións de Asia, Melanesia, e no continente americano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está recuberto de pel moi dura.
-
-
Relativo ou pertencente aos ostracodermos.
-
ertebrado agnato da clase dos ostracodermos.
-
Clase de vertebrados agnatos, que tiñan o corpo recuberto dun esqueleto dérmico formado por grandes placas unidas entre si, e a cabeza recuberta dun escudo óseo. Presentaban aletas moi pouco desenvolvidas e vivían na auga, onde respiraban por medio de branquias. Foron abundantes durante o Ordovícico.
-
-
-
Aplícase aos animais mamíferos de pel grosa e dura.
-
-
Relativo ou pertencente aos paquidermos.
-
Mamífero do grupo dos paquidermos.
-
Grupo sen valor taxonómico que reúne os proboscídeos, suiformes e équidos por compartir características, como o grosor da pel, o seu gran peso e súa condición herbívora.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos placodermos.
-
Peixe fósil da clase dos placodermos.
-
Clase de peixes acoirazados que están provistos de mandíbulas. Son afíns evolutivamente aos condrictios.
-