"ECL" (Contén)

Amosando 10 resultados de 69.

  • Que declara o que o fai perante un xuíz ou unha autoridade competente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Manifestar alguén publicamente algunha cousa.

      2. Dicir alguén, perante a autoridade competente, todo o que sabe sobre os feitos que se xulgan ou se investigan. Tm abs.

      3. Comunicar pública e oficialmente o inicio dunha acción hostil.

    1. Comunicar á autoridade competente, os produtos que se transportan para efectuar o pagamento correspondente do seu imposto. Tm abs.

    2. Dar a coñecer, pública ou oficialmente, alguén que ten autoridade para facelo, a súa consideración sobre o estado ou a condición de algo ou de alguén.

    3. Manifestarse ou comezar a producirse algunha cousa.

    4. Expresar alguén o seu estado ou condición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declara ou explica unha cousa que de por si non está clara.

    2. Aplícase ao xuízo que ten como finalidade obter do xuíz a declaración da existencia dun dereito anterior.

    3. Aplícase ao verbo que expresa a enunciación pura e simple dunha aserción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que explica ou declara algo que estaba dubidoso.

    2. Aplícase ao pronunciamento xudicial que proclama a existencia ou non dunha calidade ou dun dereito, sen conter un mandamento executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que son susceptibles de experimentar declinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de declinar.

    2. Período de diminución dunha enfermidade ou dalgún dos seus síntomas.

      1. Ángulo que forma un plano vertical, ou unha aliñación, co meridiano do punto que se considere.

      2. Distancia angular dun astro ao ecuador celeste.

      3. Ángulo que forman as direccións do N magnético e do N xeográfico.

      1. Flexión nominal das linguas flexivas que se emprega para expresar as distintas variacións dun substantivo, adxectivo, artigo ou pronome segundo a función ou caso dentro da frase. A declinación serve para marcar o caso, que indica a función sintáctica do nome na frase, o xénero (masculino, feminino ou neutro) e o número (singular, plural ou dual).

      2. Paradigma ao que pertence unha palabra segundo o xeito como se declina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compás que se une ao círculo dun goniómetro topográfico para orientalo, de xeito que o aparato marque o cero correspondente ao meridiano magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declina ou decae.

    2. Aplícase ao plano ou á parede que presenta unha declinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexeitar ou non aceptar algo, xeralmente de xeito cortés.

    2. Analizar as diversas formas que o artigo, o substantivo, o adxectivo e o pronome poden presentar de acordo cos paradigmas da declinación á que pertencen.

      1. Diminuír unha cousa ou unha calidade en forza, intensidade ou valor.

      2. Ir algo cara á súa fin ou extinción.

      1. Separarse ou desviarse dunha dirección determinada.

      2. Estar un astro a unha certa distancia angular do ecuador celeste.

      3. Formar, unha agulla imantada ou un plano vertical, un certo ángulo co meridiano.

    VER O DETALLE DO TERMO