"Als" (Contén)

Amosando 10 resultados de 49.

    1. Oleorresina de aspecto máis ou menos viscoso que contén un ou dous ácidos aromáticos, o benzoico e o cinnámico, ou algúns derivados destes. Os bálsamos flúen de determinadas plantas e teñen propiedades medicinais.

      1. Oleorresina semellante ao bálsamo auténtico pola aparencia e as propiedades, pero de composición química diferente.

      2. Oleorresina máis próxima ás trementinas ca os bálsamos auténticos, que se extrae de Abies balsamea. Emprégase en preparacións ao microscopio e como adhesivo para montar as lentes dos instrumentos ópticos.

    2. Calquera preparado galénico (bálsamo artificial) de composición máis ou menos complexa, con propiedades medicinais, xeralmente de uso externo e case en desuso.

    3. Calquera cousa que alivia unha pena ou aflición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de silvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuba ou barrica onde se poñen as uvas a fermentar para logo ser esmagadas cos pés.

    2. Lugar apropiado para deixar a louza a escoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que conduce unha balsa.

    2. Cidadán cubano que abandona a illa caribeña en embarcacións rudimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lazo grande que se utiliza para levantar obxectos pesados ou subir mariñeiros aos paus do barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma levantada para a execución dun condenado.

    2. Taboado preparado para un acto solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea, do xénero Senecio, pilosa e de follas alternas, cos capítulos en conxuntos terminais, coas brácteas do invólucro nunha soa ringleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que embalsama. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de embalsamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Evitar a putrefacción dos cadáveres inxectando nos seus vasos diferentes líquidos conservadores e enchendo ao mesmo tempo as súas cavidades con substancias olorosas e balsámicas.

    2. Encher de aromas balsámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO