bolboreta
bolboreta
lat v *belbellita bella ‘bela’
-
-
Insecto da orde dos lepidópteros, que se caracteriza por presentar normalmente dous pares de ás recubertas de escamas. As femias depositan uns ovos dos que saen as eirugas, que presentan un par de glándulas produtoras de seda e que empregan para elaborar un casulo no que sofren a metamorfose.
-
bolboreta da seda
Bolboreta do xénero Bombyx.
-
-
f
[DEP ]
Estilo de natación que consiste en nadar en posición ventral.
-
f
[TECNOL ]
Obturador de forma elíptica.
Citas
- Na primavera hai moitas bolboretas polo monte
- Xan foi campión de natación dos 100 metros bolboreta