bóla

bóla

lat bŭlla

  1. f

    Corpo de calquera material que posúe forma esférica.

  2. f

    Xogo infantil no que se tenta introducir unhas pequenas bólas de vidro ou barro nuns pequenos buracos feitos no chan, facéndoas chocar coas do contrario para afastalo da proximidade do oco.

  3. f [ARQUIT ]

    Motivo ornamental que consiste nunha esfera colocada como remate.

  4. f [MAT ]

    Conxunto de puntos x que cumpren que a distancia a un determinado punto fixo a, chamado centro, é menor ou igual que un número fixo r, chamado raio.

  5. f [TECNOL ]

    Peza esférica, de gran dureza e resistencia ao desgaste que se emprega como elemento de rodamento.

  6. bóla adiposa de Bichat [ANAT ]

    Masa de graxa situada en cada meixela, entre o maseter e o bucinador, moi desenvolvida nos nenos.

  7. bóla de neve [FUNGO ]

    Cogomelo de cor branca do xénero Agaricus.

  8. bóla de sinais [MAR ]

    Conxunto formado por dous ou tres discos, de lona ou metálicos, cruzados perpendicularmente e usados nos barcos e nos semáforos para efectuar sinais.

Confrontaciones

bica, proia, torta

Citas

  • Merquei unha bola de pan de dous quilos
  • Xa sabes o que di o refrán: bola do lar, comer e soprar